bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 29
Deuteronomy 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 30 →
1
Moisés convocou a todo Israel e díxolles: —"Vós xa vistes todo o que o Señor lles fixo á vosa vista no país de Exipto ao faraón, a todos os seus servos e a todo o seu país:
2
As grandes probas que viron os vosos ollos, os prodixios e os sinais grandes aqueles.
3
Pero ata o día de hoxe, o Señor non vos deu un corazón para coñecer, nin ollos para ver nin oídos para escoitar.
4
Eu fíxenvos camiñar durante corenta anos polo deserto; os vosos vestidos non se gastaron sobre vós nin a túa sandalia se gastou no teu pé;
5
non comestes pan nin bebestes viño nin licor, para que recoñezades que eu, o Señor, son o voso Deus.
6
Logo chegastes a este sitio e saíron Sihón, rei de Hexbón, e Og, rei de Baxán, ao voso encontro en plan de guerra, e nós vencémolos.
7
Logo, collemos o seu país e démosllelo en herdanza ós rubenitas, ós gaditas e á metade da tribo de Menaxés.
8
Gardade, pois, as palabras desta Alianza e cumprídeas para que teñades éxito en todo o que fagades.
9
Vós hoxe estades todos diante do Señor, o voso Deus: os vosos xefes, as vosas tribos, os vosos anciáns e os vosos escribas, todos os homes de Israel;
10
os vosos meniños, as vosas mulleres e o teu emigrante, que está por medio do teu campamento, desde o cortador das túas árbores ata o que carrexa a túa auga.
11
Ti estás aí para entrares na Alianza do Señor, o teu Deus, e no pacto xurado que o Señor, o teu Deus, conclúe contigo hoxe,
12
co fin de que el te constitúa hoxe nun pobo para El, e que El sexa Deus para ti, tal como cho dixo e tal como llelo prometeu con xuramento ós teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob.
13
Pero non vou concluír convosco sós esta alianza e este pacto xurado.
14
Conclúoo con aquel que está aquí de pé hoxe convosco diante do Señor, o voso Deus, e tamén con aquel que non está connosco hoxe.
15
Si, xa sabedes vós como viviamos no país de Exipto e como cruzamos polo medio das nacións por onde pasamos;
16
e vistes os seus monstros horribles e os seus ídolos —pau e pedra, prata e ouro—, que había onda eles.
17
Que non haxa entre vós home ou muller ou familia ou tribo que aparte hoxe o seu corazón de xunto ao Señor, noso Deus, para iren dar culto ós deuses deses pobos; que non haxa entre vós raíz que produza veleno e asente.
18
Se un escoita as palabras deste pacto xurado e se felicita no seu corazón dicindo: Teña eu fartura, que seguirei no endurecemento do meu corazón, porque o que apaga a sede farta de auga a quen pasa sede,
19
A ese o Señor non lle quererá perdoar; entón si que se acenderá a ira do Señor e o seu celo contra ese home, e caerán sobre el todas as maldicións escritas neste libro e o Señor fará desaparecer o seu nome de debaixo do ceo.
20
Así retirará o Señor a maldade de todas as tribos de Israel, segundo as maldicións da Alianza escrita no libro desta lei.
21
A primeira xeración, os vosos fillos que virán despois de vós e o estranxeiro que vén dun país afastado, verán o castigo deste país e as enfermidades coas que o Señor o fará enfermar:
22
toda a terra deste país será xofre, sal e calcinación, non será sementada e non xermolará, nela non medrará herba ningunha; será como o arraso de Sodoma e Gomorra, de Ademah e Seboím, ás que arrasou o Señor na súa ira e no seu enfado.
23
Todos os pobos dirán: Por que trata o Señor así a este país? Que ardor o desta tan grande ira!
24
E responderán: Porque abandonaron a Alianza do Señor, Deus de seus pais, quen concluíu a alianza con eles ao sacalos do país de Exipto;
25
foron darlles culto a deuses alleos e prostrarse diante deles, deuses que antes non coñeceran e que non recibiran no reparto.
26
Por isto a ira do Señor inflamouse contra este país, traendo contra el todas as maldicións escritas neste libro.
27
E o Señor arrincounos da súa terra con ira, con carraxe e con grande indignación, e botounos a outro país, como sucede hoxe.
28
As cousas ocultas perténcenlle ao Señor; pero as cousas reveladas perténcennos a nós e a nosos fillos para sempre, para cumprirmos as palabras desta lei.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34