bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 17
Deuteronomy 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 18 →
1
Non lle ofrecerás en sacrificio ao Señor, o teu Deus, touro ou año que teña algún defecto ou cousa mala, pois isto sería unha abominación para o Señor, o teu Deus.
2
Se se atopa no medio de ti nalgunha das cidades que o Señor, o teu Deus, che vai dar, home ou muller que faga o que está mal ós ollos do Señor, o teu Deus, transgredindo a súa Alianza,
3
e que vai dar culto a deuses alleos e prostrarse diante deles, diante do sol, ou da lúa ou de todo o exército do ceo, cousa que eu non che mando;
4
se cho denuncian ou se te decatas, investiga con todo o coidado: se se establece a verdade do tal feito, comprobándose que esa abominación se cometeu en Israel,
5
entón sacarás fóra das portas das túas cidades o home ou muller que tal mal feito cometeron; ao tal home ou á tal muller apedraralos ata que morran.
6
O que ha morrer será morto pola declaración de dúas ou de tres testemuñas: non será morto pola declaración dunha soa testemuña.
7
A pedrada das testemuñas será a primeira en darlle morte, e a man de todo o pobo seguirá despois, e deste xeito retirarás do medio de ti este mal.
8
Se che resultan demasiado difíciles algúns asuntos relativos ao xuízo de sangue vertido, de litixios e de feridas —asuntos de disputa legal nas portas das túas cidades—, entón levántate e sube ao santuario que o Señor, o teu Deus, escolla,
9
e vai xunto ós sacerdotes levitas e xunto ao xuíz que haxa neses días; consúltaos, e que fagan saber a sentencia do xuízo.
10
Logo actúa conforme ao fallo que se che comunique desde o santuario que o Señor escolla, e está atento a executalo todo tal como cho ordenen.
11
Has de actuar conforme ao texto da resolución que che ordenen e conforme á sentencia que che diten. Non te apartarás nin á dereita nin á esquerda da decisión xudicial que che fagan coñecer.
12
O home que actúe con orgullo sen lle querer facer caso ao sacerdote, que está servindo alí ao Señor, o teu Deus, ou ao xuíz, ese tal home ha de morrer. Deste xeito apartarás a maldade de Israel,
13
pois todo o pobo escoitará isto e collerá medo; e así non se volverá a deixar levar polo orgullo.
14
Cando entres no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar, e o collas en posesión e vivas nel, entón has de dicir: Quero pór sobre min un rei coma todos os pobos que me rodean.
15
Has de pór sobre ti soamente o rei que escolla o Señor, o teu Deus; de entre os teus irmáns has de pór sobre ti un rei, non poderás pór sobre ti un estranxeiro, que non sexa irmán teu.
16
Soamente que non poderá aumentar o número dos seus cabalos e non fará volver o seu exército a Exipto, para aumentar o número de cabalos, pois o Señor tenvos dito: Non volvades de novo por este camiño.
17
Nin tampouco el deberá aumentar o número das súas mulleres, para que non se lle extravíe o seu corazón; a prata e o ouro non os deberá aumentar moito.
18
Cando se entronice no trono do seu reino, mandará que lle escriban nun libro unha copia desta Lei, conforme ao orixinal que está no poder dos sacerdotes levitas.
19
Esa copia teraa con el e leraa todos os días da súa vida, para que aprenda a respectar o Señor, seu Deus, gardando todas as disposicións desta Lei e estes preceptos, póndoos en práctica.
20
De xeito que o seu corazón non se ensoberbeza sobre os seus irmáns nin se aparte dos mandamentos nin á dereita nin á esquerda, a fin de alongar no medio de Israel os días do seu reinado: do seu e mais dos seus fillos.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34