bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 3
Deuteronomy 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 4 →
1
Logo nós volvemos para subir camiño de Baxán, cando Og, o rei de Baxán, nos saíu ao encontro en Edrei en plan de guerra, el e todo o seu exército.
2
Entón díxome o Señor: Non lles teñas medo, xa que chos puxen na túa man, a el, a todo o seu exército e o seu país; e has de lles facer o mesmo que lle fixeches a Sihón, o rei dos amorreos, que reinaba en Hexbón.
3
Deste xeito, o Señor, o noso Deus, tamén nos entregou nas nosas mans a Og, rei de Baxán, e a todo o seu exército, e derrotámolo ata non deixarlle sobrevivente.
4
Daquela, apoderámonos de todas as súas cidades, sen que quedase ningunha que non lla tomásemos. Sesenta cidades de toda a comarca de Argob, eran o reino de Og en Baxán.
5
Todas estas cidades estaban fortificadas con altos muros, porta dobre e trancas, sen contar as cidades de abundante poboación perizita desde antigo.
6
Consagrámolas ao exterminio, o mesmo que fixeramos con Sihón, rei de Hexbón; consagramos cada unha das cidades: a homes, mulleres e meniños;
7
deixamos para nós todos os animais e o botín destas cidades.
8
Entón, arrebatámoslles a dous reis amorreos do outro lado do Xordán este territorio: desde o río Arnón ata o monte Hermón.
9
(A xente de Sidón chámalle Sirion ao Hermón, mentres que os amorreos lle chaman Senir).
10
Todas as cidades da Chaira e todo o Galaad e todo o Baxán ata Salcah e Edrei, eran cidades do reino de Og en Baxán.
11
(Og, o rei de Baxán, era o único que quedaba do resto dos refaítas: Velaí o seu sartego!, o sartego de bronce que hai en Rabat dos amonitas; ten nove cóbados de longo por catro de ancho medido en cóbados ordinarios).
12
Ata entón, tomaramos posesión de todo este territorio. Entregueilles aos rubenitas e gaditas a metade da montaña de Galaad e mais as súas cidades, desde Aroer, que se atopa á beira do río Arnón.
13
A metade da tribo de Menaxés entregueille o resto de Galaad e todo o Baxán, toda a rexión de Argob, que fora o reino de Og. (A toda esta rexión de Baxán, chámanlle país dos refaítas).
14
Iaír, o fillo de Menaxés, recibiu toda a rexión de Argob ata as fronteiras dos guexurritas e dos macateos, e ata o día de hoxe estes habitantes chamáronse co seu nome, e a Baxán chamóuselle Tendas de Iaír.
15
A Maquir entregueille o Galaad.
16
Os rubenitas e ós gaditas entregueilles desde Galaad ata o río Arnón, servindo de fronteira o medio do río, e ata o río Iaboc, a fronteira dos amonitas.
17
E ademais a estepa que ten o Xordán por fronteira, desde Xenesaret ata o mar da estepa, isto é, ata o mar Morto e ao Nacente onde está, augas abaixo, a liña divisoria de augas do Pisgah.
18
Daquela deivos estas ordes: O Señor, o voso Deus, entregouvos este país en posesión, pero vós, soldados, e todos os homes útiles para a guerra, pasaredes diante dos vosos irmáns israelitas.
19
Soamente as vosas mulleres, os vosos meniños e os vosos rabaños —pois eu sei que tendes moitos rabaños— quedarán nas vosas cidades, nas que vos acabo de dar,
20
Ata que o Señor, o voso Deus, faga descansar ós vosos irmáns, como vos fixo a vós, e ata que tamén eles tomen posesión da terra que o Señor, o voso Deus, lles vai dar ao outro lado do Xordán. Entón cada un de vós poderá volver á súa posesión, a que eu vos dei. Súplica de Moisés: O don da terra
21
Entón deille estas ordes a Xosué: Ti viches cos teus propios ollos todo o que o Señor, o voso Deus, lles fixo a eses dous reis, o mesmo lles fará o Señor a todos os reinos nos que ti vas entrar.
22
Non lles teñades medo, pois o Señor, o voso Deus, estará comprometido na guerra ao voso favor.
23
Entón eu fíxenlle ao Señor esta súplica:
24
Meu Señor, Deus! Ti comezaches por permitirlle ao teu servo ver a túa grandeza e a túa man forte, que deus pode haber no ceo ou na terra, que faga as mesmas obras ca ti, ou teña o mesmo poder?
25
Permíteme que eu poida cruzar para ver esa boa terra que está da outra banda do Xordán, esa boa montaña e o Líbano.
26
Pero enfadouse o Señor contra min pola vosa culpa e non me fixo caso, senón que me dixo: Xa abonda! Non sigas falándome nestes termos.
27
Sube ao cume do Pisgah, e levanta a vista cara ao Occidente e cara ao Norte, cara ao Sur e cara ao Nacente: olla cos teus ollos, pois ti non cruzarás o Xordán que aí tes.
28
Dálle ordes a Xosué: anímao e infúndelle valentía, xa que el será o que cruzará á fronte deste pobo e quen lle dará en herdanza esta terra que ti estás vendo.
29
Logo quedamos no val diante de Bet Peor.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34