bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 20
Deuteronomy 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 21 →
1
Cando saias para a guerra contra os teus inimigos e vexas cabalos, carros e exército máis numeroso ca ti, non lles teñas medo, pois está contigo o Señor, o teu Deus, o que te fixo rubir do país de Exipto.
2
E cando esteades cerca do momento da batalla, aproximarase o sacerdote para lle falar ao exército,
3
e diralle: Escoita, Israel: vós hoxe estades próximos á batalla contra os vosos inimigos; que a vosa afoutada decisión non se debilite, non teñades medo nin vos alarmedes nin vos amedrentedes coa súa presenza,
4
xa que o Señor, o voso Deus, avanza convosco para facer a guerra ao voso favor contra os vosos inimigos, co fin de darvos a vitoria.
5
Os comisarios falaranlle logo ao exército nestes termos: Quen é o home que ten construída unha casa nova e aínda non a consagrou coa inauguración? Que vaia e se volva á súa casa, non sexa que morra no combate e outro home a consagre coa inauguración.
6
Quen é o home que ten plantada unha viña e non se aproveitou dela? Que vaia e que se volva á súa casa, non sexa que morra no combate e outro home se aproveite dela.
7
Quen é o home que se prometeu a unha muller e non casou con ela? Que vaia e se volva á súa casa, non sexa que morra na batalla e outro home case con ela.
8
E continuarán os comisarios falándolle ao exército e diranlle: Quen é o home que ten medo e que se lle debilita a súa afoutada decisión? Que vaia e se volva á súa casa, e non faga esmorecer a afoutada decisión de seus irmáns o mesmo cá súa decisión.
9
E cando acaben os comisarios de lle falar ao exército, establecerán xefes de exército á fronte da tropa.
10
Cando te aproximes a unha cidade para facer a guerra contra ela, bérralle: Paz!,
11
e se ela responde: Paz! e abre as portas, entón todo o pobo que se atopa dentro dela servirache para traballos forzados e serán escravos teus.
12
Pero se non se fai a paz contigo e presenta combate, entón sitiarala,
13
pois o Señor, o teu Deus, entregaracha no teu poder, e ti matarás a todos os seus homes ao fío da espada.
14
Soamente has de saquear para ti as mulleres, os meniños, os animais e todo o que haxa na cidade, todo o seu botín, e comerás o botín dos inimigos que che entregue o Señor, o teu Deus.
15
O mesmo lles has de facer a todas as cidades que están moi lonxe de ti, porque non son as cidades destes pobos de aquí.
16
As cidades daqueles pobos que o Señor, o teu Deus, che dea en herdanza, son as únicas nas que non deixarás con vida a ningún ser vivente:
17
consagrarás á destrución sagrada os hititas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos, tal como cho mandou o Señor, o teu Deus,
18
para que non vos ensinen a obrar segundo todas as abominacións que practican en honra dos seus deuses, e deste xeito non pequedes contra o Señor, o voso Deus.
19
Cando lle poñas sitio a unha cidade durante moitos días, facendo a guerra contra ela, co fin de a conquistares, non destrúas as súas árbores a golpes de machada, pois poderás precisar comer delas; por isto non as cortes, son acaso homes as árbores do campo para que sexan sometidas na túa presenza ao asedio?
20
Soamente poderás destruír e cortar a árbore que saibas que non dá froito comestible, e faralo para poder construír obra de asedio contra a cidade que está facendo a guerra contigo, ata que caia esa cidade.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34