bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 22
Deuteronomy 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 23 →
1
Has de mirar polo boi de teu irmán ou polo seu carneiro extraviados; aínda que ti te queiras ocultar por causa deles, has de llos devolver sen demora a teu irmán.
2
Se teu irmán non está cerca de ti ou ti non o coñeces, recollerás o animal dentro da túa casa, e estará contigo ata que teu irmán o busque, e entón devolverasllo a el.
3
E o mesmo farás co seu burro, co seu vestido e con calquera obxecto perdido de teu irmán; se se lle perde e ti o atopas, non poderás desentenderte.
4
Si, has de ollar polo burro de teu irmán ou polo seu boi caídos no camiño, aínda que queiras desentenderte deles, has de axudar a teu irmán a levantalos.
5
A muller non porá sobre si cousas de home, e o home non vestirá vestido de muller, pois todo aquel que fai estas cousas é abominación para o Señor, o teu Deus.
6
Se atopas un niño de paxaros diante de ti no camiño, en calquera árbore ou no chan, con paxariños ou con ovos, e a nai está acochada sobre os paxariños ou sobre os ovos, non collerás a nai que está sobre os seus fillos.
7
Deixarás escapar a nai e collerás para ti os seus fillos, para que sexas feliz e alongues os teus días.
8
Se constrúes unha casa nova, farás unha varanda na azotea, dese xeito non cargarás co sangue vertido na túa casa, se morre o que caia dela.
9
Non has de sementar na túa viña dúas cousas; se non, quedará consagrado todo o froito: a semente que sementes e o produto da viña.
10
Non ares con boi e con burro aparellados.
11
Non te has de vestir con roupa de picote, la e liño xuntos.
12
Has de pór borlas nas catro puntas do manto co que te tapas.
13
Se un home casa cunha muller e, despois de se unir a ela, non a quere
14
e lle atribúe cousas vexatorias, facendo que se estenda contra ela mala sona dicindo: Casei con esta muller, e cando me acheguei a ela, non atopei nela a virxindade,
15
entón o pai da rapaza e súa nai han de coller as probas da virxindade da rapaza e levaranas perante os anciáns da cidade, ás portas da cidade,
16
e o pai da rapaza diralles ós anciáns: Deille miña filla a este home como muller, pero el ódiaa,
17
e velaí que lle atribúe cousas vexatorias, dicindo: Non atopei na túa filla a virxindade; pero estas son as probas da virxindade da miña filla, e estenderá o pano diante dos anciáns da cidade.
18
Os anciáns da tal vila arrastrarán o marido para castigalo,
19
imporanlle unha multa de cen siclos de prata, e daranllos ao pai da rapaza, xa que aquel estendeu mala sona sobre unha virxe de Israel. Ela será a súa muller, sen que el a poida despedir en todos os días da súa vida.
20
Pero se o asunto este fose verdade e non se atopasen probas de virxindade en favor da rapaza,
21
farán saír a rapaza á porta da casa de seu pai e os homes da cidade apredrarana a cantazos, e morrerá, pois cometeu unha infamia en Israel, entregándose á prostitución na familia de seu pai. Deste xeito apartarás a maldade do medio de ti.
22
Se se atopa un home deitado cunha muller casada con outro, morrerán eles os dous: o home que se deita coa muller casada e mais a tal muller. Deste xeito apartarás de Israel a maldade.
23
Se hai unha rapaza virxe prometida en matrimonio a un home, e outro home a atopa na cidade e se deita con ela,
24
entón sacaredes os dous ás portas da tal cidade e apedrarédelos a cantazos, e morrerán: a rapaza polo feito de non pedir auxilio na cidade, e o home polo feito de se aproveitar da muller do seu próximo. Deste xeito apartarás do medio de ti a maldade.
25
Pero se o home atopase no campo a rapaza prometida en matrimonio e lle fixese violencia para deitarse con ela, entón morrerá só o home que se deitou con ela,
26
pero á rapaza non lle farás nada; non é responsable a rapaza de pecado que mereza a morte, porque este caso é o mesmo que se un home se ergue contra o seu próximo e lle quita a vida,
27
pois foi no campo onde a atopou; a rapaza prometida pediu auxilio, pero non houbo quen a axudase.
28
Se un home atopa unha rapaza virxe que aínda non se prometeu, e se apodera dela e dorme con ela, pero son sorprendidos,
29
entón o home que se deitou con ela daralle ao pai da rapaza cincuenta siclos de prata, e ela será muller del despois que a posuíu. Non poderá este despedila en todos os seus días.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34