bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 31
Deuteronomy 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 32 →
1
Moisés acabou dicíndolle estas palabras a todo Israel.
2
Logo díxolles: —"Hoxe cumpro cento vinte anos; xa non son capaz de saír e de entrar. Por iso díxome o Señor: Non cruzarás este Xordán.
3
O Señor, o teu Deus, é quen cruzará o Xordán diante de ti. El destruirá ante ti estes pobos e ti tomaralos en posesión. Xosué será quen pase á túa fronte tal como o dixo o Señor.
4
O Señor faralles a estes pobos o mesmo que lles fixo ós reis dos amorreos, a Sihón e a Og, e ao seu país: exterminalos.
5
O Señor poraos diante de vós, e vós farédeslles tal e como eu vos mande.
6
Sede valentes! Sede fortes! Non teñades medo nin tremades ante a súa presenza que o Señor, o teu Deus, é quen irá contigo: non te deixará só nin te abandonará".
7
Despois Moisés chamou a Xosué e díxolle á vista de todo Israel: —"Se valente! Se forte!, que ti entrarás con este pobo no país que o Señor lles prometeu con xuramento a seus pais dárllelo, e ti has de llelo entregar en herdanza.
8
Certo que o Señor será quen irá diante de ti. El estará contigo, non te deixará só nin te abandonará. Non teñas medo nin te desanimes".
9
Despois Moisés escribiu esta lei e entregóullela ós sacerdotes, fillos de Leví, que levaban a Arca da Alianza do Señor, e mais ós anciáns de Israel.
10
E Moisés mandoulles isto: —"O cabo de sete anos, na data precisa do ano da Remisión, durante a festa das Tendas,
11
cando todo Israel veña ver o rostro do Señor, o teu Deus, no santuario que El escolla, ti proclamarás esta lei ante todo Israel, de xeito que a escoiten.
12
Reúne ao pobo, homes, mulleres e rapaces, e ao emigrante que vive dentro das portas das túas cidades, para que escoiten e aprendan a respectar o Señor, o voso Deus, e para que procuren cumprir todos os preceptos desta lei.
13
Así teus fillos, que non teñen coñecemento, escoitarán e aprenderán a respectar o Señor, o voso Deus, todos os días que vós vivades na terra que ides tomar en posesión, pasando o Xordán".
14
Logo o Señor díxolle a Moisés: —"Olla que os días da túa morte están cerca. Chama a Xosué e presentádevos na Tenda do Oráculo, que eu lle vou dar ordes". Entón foron Moisés e Xosué e presentáronse na Tenda do Encontro.
15
O Señor fíxose ver na tenda, nunha columna de nube, e a columna de nube estivo queda á porta da Tenda.
16
Entón o Señor díxolle a Moisés: —"Olla que ti vas deitarte con teus pais, pero este pobo vaise levantar para prostituírse, indo detrás dos deuses dos estraños, os deuses do país onde vai entrar; vaime abandonar a min e quebrantar a Alianza que eu fixen con el.
17
E no día aquel a miña ira inflamarase contra el, e voume apartar deles e taparei para eles a miña cara. Entón o pobo será devorado, e moitas desgrazas e angustias virán sobre el. Dirá entón: Non virán sobre min estas desgrazas por non estar o meu Deus no medio de min?
18
Pero eu seguirei tapando a miña cara no día aquel, por causa de todo o mal que el fixo, xa que se volveron tralos deuses alleos.
19
Pero agora, escribide para vós este cantar. Ensinádellelo ós fillos de Israel e póndellelo na súa boca, para que me sirva a min de testemuño contra os fillos de Israel.
20
En efecto, traerei o pobo á terra que lles prometín con xuramento a seus pais, terra que deita leite e mel, e comerá, fartarase e engordará; pero logo volverase cos deuses alleos e daralles culto, desprezarame a min e romperá a miña Alianza.
21
Cando grandes desgrazas e angustias caian sobre el, este cantar dará testemuño contra el, porque non será esquecido na boca da súa descendencia. Si, coñezo ben o plan que hoxe mesmo está facendo, antes de que eu o leve á terra que prometín con xuramento".
22
Ese día Moisés escribiu este cantar, e ensinóullelo ós fillos de Israel.
23
Logo o Señor mandoulle isto a Xosué, fillo de Nun: —"Se valente! Se forte!, que ti farás entrar ós fillos de Israel na terra que lles prometín con xuramento, e eu estarei contigo".
24
Cando Moisés acabou de escribir todas as palabras desta lei nun libro,
25
deulles esta orde ós levitas, que levaban a arca da Alianza do Señor:
26
—"Collede o libro desta lei e póndeo ao lado da Arca da Alianza do Señor, o voso Deus, e que estea alí en testemuño contra ti.
27
Porque eu coñezo ben a túa rebeldía e a túa cabeza dura: se hoxe, durante a miña vida convosco, sodes rebeldes co Señor: canto máis o seredes despois da miña morte?
28
Xuntade ao meu lado os anciáns das vosas tribos e os vosos xefes, que vou pronunciar nos seus oídos estas palabras e vou pór como testemuñas contra eles o ceo e mais a terra.
29
Si, eu sei ben como vos corromperedes despois da miña morte e como vos apartaredes do vieiro que vos ordenei, e entón a desgraza sairá ao voso encontro naqueles días despois de que fagades o mal ós ollos do Señor, enfadándoo cos feitos das vosas mans".
30
Entón Moisés pronunciou ata o final as palabras deste canto ós oídos de toda a asemblea de Israel:
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34