bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 23
Deuteronomy 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 24 →
1
Un home non pode casar cunha muller do pai, nin poderá retirar a punta do manto de seu pai.
2
O castrado por esmagamento e o que ten o pene cortado non entrarán na asemblea do Señor.
3
O bastardo non entrará na asemblea do Señor; aínda que sexa a súa décima xeración, non entrará na asemblea do Señor.
4
O amonita e mais o moabita non entrarán na asemblea do Señor; aínda que sexa a décima xeración, non entrará na asemblea do Señor endexamais,
5
polo feito de que non vos saíron ao encontro con pan e auga ao voso camiño, cando saístes de Exipto, e polo feito de que alugaron contra vós a Balaam, fillo de Beor, natural de Petor en Mesopotamia, para maldicirte.
6
Pero o Señor, o teu Deus, non quixo facerlle caso a Balaam, e o Señor, o teu Deus, cambiou no teu favor a maldición en bendición, pois queríate o Señor, o teu Deus.
7
Non procures a súa fartura nin a súa prosperidade durante todos os teus días, xamais.
8
Non consideres abominable o edomita, pois é teu irmán. Non consideres abominable o exipcio, pois ti fuches emigrante no seu país.
9
Os fillos que lles nazan, na terceira xeración, entrarán na asemblea do Señor.
10
Cando saias de acampada na loita contra os teus inimigos, gárdate ben de calquera cousa mala.
11
Se algún home dos teus non está puro por mor dalgún incidente nocturno, que saia do campamento: non poderá entrar no campamento.
12
A caída da tarde lavarase con auga e ao porse o sol, poderá entrar no campamento.
13
Mexarás fóra do campamento, e fóra sairás tamén a defecar.
14
Co teu equipamento terás unha estaca, e cando vaias anicarte para defecar, cavarás con ela, anicaraste e logo taparás o teu excremento,
15
pois o Señor, o teu Deus, anda camiñando polo medio do teu campamento, para salvarte e para entregarche á túa disposición os teus inimigos. Por isto o teu campamento estará consagrado, de xeito que o Señor non vexa en ti cousa de que avergoñarse, e non deixe de seguir estando detrás de ti.
16
Non entregues ao seu amo o servo que escapou de par del para onda ti;
17
contigo vivirá no medio de ti, no lugar que escolla nunha das túas cidades, onde estea feliz. Non o oprimirás.
18
Non haberá prostituta sagrada entre as fillas de Israel nin prostituto sagrado entre os fillos de Israel.
19
Non entrará na casa do Señor, o teu Deus, salario de prostituta sacra, nin paga de prostituto sacro, para cumprir calquera promesa, pois tanto o un coma a outra son abominación para o Señor, o teu Deus.
20
Non lle prestes con interese a teu irmán: nin empréstito de cartos, nin de comida, nin de calquera cousa que se poida emprestar.
21
O estranxeiro prestaraslle con intereses; a teu irmán non lle podes emprestar con intereses, para que o Señor, o teu Deus, te bendiga en todas as túas empresas, no país onde vas entrar a tomar posesión del.
22
Cando fagas un voto ao Señor, o teu Deus, non demores en cumprilo, porque o Señor, o teu Deus, reclamaracho a ti e será un pecado para ti.
23
Pero se deixas de facer votos, non será pecado para ti.
24
Vixía o que sae dos teus labios, para o poñeres en práctica tal como llo prometiches ao Señor, o teu Deus, en ofrenda espontánea, que pronunciaches coa túa boca.
25
Cando entres na viña do teu próximo, come uvas. Si, farta a túa gorxa! Pero non poñas nada na túa cesta.
26
Cando entres nos eidos do teu próximo, podes arrincar espigas coa túa man, pero a fouce non a movas no pan do teu próximo.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34