bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 16
Deuteronomy 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 17 →
1
Garda o mes das Espigas e celebra a Pascua en honor do Señor, o teu Deus, pois no mes das Espigas fíxote saír de noite o Señor, o teu Deus, de Exipto.
2
De sacrificio de Pascua ofreceraslle ao Señor, o teu Deus, un cordeiro ou un becerro no santuario que escolla o Señor, para que alí habite o seu Nome.
3
Non comerás co sacrificio nada con fermento, durante sete días; comerás co sacrificio pan ácimo, pan de aflición, pois de présa saíches do país de Exipto: para que te lembres do día no que saíches do país de Exipto, todos os días da túa vida.
4
Non se verá fermento en todos os teus confíns durante sete días, e nada da carne que sacrifiques pola tarde do día primeiro pasará a noite ata a mañá seguinte.
5
Non poderás facer o sacrificio da Pascua en ningunha das túas cidades, nas que o Señor, o teu Deus, che entregue;
6
soamente no santuario que o Señor, o teu Deus, escolla para que alí habite o seu Nome. Has de ir facer alí o sacrificio da Pascua pola tardiña, cando se poña o sol, no preciso momento en que ti saíches de Exipto.
7
Cociñarás a vítima e comerala no santuario que o Señor, o teu Deus, escolla. Pola mañá darás a volta e camiñarás para as túas tendas.
8
Durante seis días comerás pan asmo, e no día sétimo terá lugar a reunión de festa en honor do Señor, o teu Deus. Non farás ningún traballo.
9
Contarás para ti sete semanas: desde que comeza a fouce a segar no pan, comezarás a contar sete semanas.
10
Entón celebrarás a festa das semanas en honor do Señor, o teu Deus. A proporción da ofrenda voluntaria da túa man que ti darás libremente, será segundo te bendiga o Señor o teu Deus.
11
No santuario que o Señor, o teu Deus, escolla para que more alí o seu Nome, fai festa na presenza do Señor, o teu Deus, ti e mais o teu fillo e mais a túa filla, o teu servo, e mais a túa serva, e o levita que vive dentro das portas da túa cidade, o emigrante, o orfo e mais a viúva que están no medio de ti.
12
Lembra que fuches escravo en Exipto; garda e cumpre todos estes preceptos e ponos en práctica.
13
Ao recoller os froitos da eira e mais do lagar, has de celebrar a festa das Tendas durante sete días.
14
Has de te alegrar na túa festa, ti e o teu fillo e mais a túa filla, o teu servo e mais a túa serva, o levita e mais o emigrante, o orfo e mais a viúva que haxa na túa cidade.
15
Sete días has de facer romaría en honor do Señor, o teu Deus, no santuario que o Señor escolla, pois o Señor, o teu Deus, bendiciute nas túas colleitas e nas obras da túa man; por isto, certamente estarás alegre.
16
Tres veces durante o ano todos os teus homes han de se presentar diante do Señor, o teu Deus, no lugar que El escolla: na festa do pan asmo, na festa das Semanas e na festa das Tendas, e non se han de presentar sen nada.
17
Cada un presentará a ofrenda da súa man, segundo a bendición que o Señor, o teu Deus, che concedeu.
18
Poñerás pola túa conta para as túas tribos xuíces e maxistrados en todas as cidades, que o Señor, o teu Deus, che vai dar, e han de xulgar o pobo con xuízo xusto.
19
Non violentes o xuízo, nin te fixes nas caras dos litigantes, nin collas regalos: pois o regalo cega os ollos dos sabios, e perverte a causa dos xustos.
20
Buscarás a pura xustiza, para que poidas vivir feliz e tomar posesión do país que o Señor, o teu Deus, che vai dar.
21
Non plantarás no teu proveito símbolos de Axerah nin ningunha árbore ao lado do altar do Señor, o teu Deus, que ti fagas.
22
Non levantarás estelas, que o Señor, o teu Deus, as aborrece.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34