bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 30
Deuteronomy 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 31 →
1
Resultará que cando veñan sobre ti todas estas palabras, a bendición e a maldición que eu poño diante de ti, farás volver de todos os pobos, a onde te dispersou o Señor, a forza da túa decisión,
2
converteraste ao Señor, o teu Deus, e faraslle caso á súa voz, ti e mais o teu fillo, segundo todo o que eu che mande hoxe.
3
E o Señor, o teu Deus, cambiará o teu destino, terá compaixón de ti e volverá a xuntarte de entre todos os pobos a onde o Señor, o teu Deus, te dispersou.
4
Aínda que os teus deportados estean no cabo do ceo, de alí os xuntará o Señor, o teu Deus, colleraos
5
e traeraos o Señor, o teu Deus, ao país que recibiron en herdanza os teus pais, e recibiralo ti en herdanza. El farate feliz e multiplicarate máis ca teus pais.
6
O Señor, o teu Deus, circuncidará o teu corazón e o corazón da túa descendencia, para que ames o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con todo o teu ser, a fin de que vivas feliz.
7
E o Señor, o teu Deus, porá todas estas maldicións sobre os teus inimigos e sobre os que te queren mal, pois perseguíronte.
8
Entón ti volverás a facerlle caso á voz do Señor e cumprirás todos os seus mandamentos, que eu che mando hoxe.
9
Así o Señor, o teu Deus, concederache éxito en todas as obras da túa man, no froito do teu ventre, no froito dos teus animais e nos froitos da túa terra, para o teu ben. Si, o Señor volverase a alegrar contigo pola túa felicidade como se alegrou con teus pais.
10
Si, faille caso á voz do Señor, o teu Deus, gardando os seus mandamentos e os seus preceptos, o escrito no libro desta lei. Si, convértete ao Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con todo o teu ser.
11
Si, este mandamento que eu che mando hoxe non é imposible para ti nin che resulta inaccesible.
12
Non está no ceo para dicires: Quen subirá por nós ao ceo e nolo collerá e nolo fará escoitar, para que nós o cumpramos?
13
Tampouco está da outra banda do mar para dicires: Quen cruzará por nós ao outro lado do mar e nolo collerá e nolo fará escoitar, para que nós o cumpramos?
14
Si, a palabra está moi cerca de ti: na túa boca e no teu corazón, para a cumprires.
15
Mira que eu poño hoxe diante de ti a vida e a felicidade, a morte e a desgraza,
16
porque che mando hoxe amar o Señor, o teu Deus, camiñar polos seus vieiros e cumprir os seus mandamentos, preceptos e decretos, para que vivas feliz e te multipliques, e para que o Señor, o teu Deus, te bendiga no país onde vas entrar a tomalo en posesión.
17
Pero se o teu corazón se aparta e se ti non lle fas caso e te extravías e te prostras ante deuses alleos e lles dás culto,
18
eu declárovos hoxe que pereceredes sen remedio e que non aumentaredes os vosos días sobre a terra, na que vós, que estades cruzando o Xordán, ides entrar para tomala en posesión.
19
Poño hoxe por testemuñas contra vós o ceo e mais a terra: poño diante de ti a vida e a morte, a bendición e a maldición; escolle a vida, para que poidas vivir feliz, ti e a túa descendencia,
20
Amando o Señor, o teu Deus, facéndolle caso á súa voz e apegándote a El. Isto é a túa vida e o alongamento dos teus días, habitando na terra que o Señor lles xurou a teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob, que llela daría".
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34