bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 6
Deuteronomy 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 7 →
1
Estes son os mandamentos, os preceptos e as ordes que o Señor, voso Deus, mandou ensinarvos, para que os puxésedes en práctica no país ao que ides pasar, para collelo en posesión;
2
de xeito que respectes o Señor, o teu Deus, gardando todos os seus preceptos e os seus mandamentos que eu che ordenei, ti e o teu fillo e mais o teu neto, todos os días da túa vida, para que se alonguen os teus días.
3
Escoita, Israel, e ten coidado de o practicar, para que sexas feliz e que te multipliques moito, pois tal como cho falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e mel.
4
Escoita, Israel: O Señor, o noso Deus, é Iavé, o único.
5
Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con todas as túas aspiracións e con toda a túa forza.
6
Os preceptos estes, que eu che mando hoxe, estarán no teu corazón;
7
inculcarásllelos ós teus fillos e falarás deles estando na túa casa e indo polo teu camiño, estando deitado e estando de pé:
8
Ataralos á túa man coma sinal, e servirán de adorno entre os teus ollos,
9
escribiralos nos marcos da túa casa e nas túas portas.
10
Cando o Señor, o teu Deus, te faga entrar no país que xurara a teus pais Abraham, Isaac e Xacob, que cho daría a ti, con cidades grandes e fermosas que ti non construíches,
11
con casas cheas de toda clase de riquezas que ti non acumulaches, con pozos escavados que ti non cavaches, con viñas e campos de oliveiras que ti non plantaches: cando ti comas e te fartes,
12
ten moito coidado de non te esqueceres do Señor que te sacou do país de Exipto, da situación de escravitude.
13
O Señor, o teu Deus, has de respectar, a El has de adorar; e has de facer o xuramento, invocando o seu nome.
14
Non vos vaiades tras doutros deuses, deuses dos pobos que vos rodean,
15
porque no medio de ti está un Deus celoso, o Señor, o teu Deus: non sexa que se desafogue contra ti a ira do Señor o teu Deus e te faga desaparecer de sobre a superficie da terra.
16
Non tentedes o Señor, voso Deus, tal como o tentastes no lugar de Tentación.
17
Gardade fielmente os mandamentos do Señor, voso Deus, as súas normas e os seus preceptos, os que El vos deu.
18
Fai o que é correcto e honrado ós ollos do Señor. Así atoparás a felicidade e chegarás a coller posesión do bo país, que o Señor lles prometeu con xuramento ós teus pais,
19
botando da túa presenza a todos os teus inimigos, tal como o dixo o Señor.
20
Velaí que mañá o teu fillo che preguntará deste xeito: Que son estas normas, estes preceptos e estes decretos que o Señor, o noso Deus, vos mandou a vós?
21
Ti responderaslle a teu fillo: Eramos escravos do Faraón en Exipto, pero o Señor sacounos de Exipto con man forte.
22
O Señor puxo diante dos nosos ollos en Exipto grandes e terribles sinais e prodixios contra o faraón e contra toda a súa corte.
23
Pero a nosoutros sacounos de alí co fin de nos ir guiando, ata darnos a terra que lles prometera baixo xuramento a nosos pais.
24
Entón o Señor mandounos pór en práctica todos estes preceptos, respectando así ao Señor o noso Deus, para sermos sempre felices e para podermos vivir coma hoxe.
25
A nosa xustiza consistirá en que coidemos de pór en obra todos estes mandamentos ante a presenza do Señor, o noso Deus, tal e como El nolo mandou.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34