bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 13
Deuteronomy 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 14 →
1
Todas as cousas que eu vos mando, estade atentos e cumprídeas. Non lles engadades nin lles quitedes nada.
2
Se xorde no medio de ti un profeta ou un soñador de soños e che presenta un sinal ou un prodixio,
3
e se se cumpre o sinal ou o prodixio que che dixo, e logo el di: Camiñemos tralos deuses alleos que non coñecemos e deámoslles culto,
4
non lles fagades caso ás palabras de tal profeta ou ao tal soñador de soños; pois o Señor, o voso Deus, estavos pondo á proba, para saber se de verdade amades o Señor, o voso Deus, con todo o voso corazón e con toda a vosa intención.
5
Camiñaredes tralo Señor, o voso Deus, respectarédelo a El, gardaredes os seus mandamentos, escoitaredes a súa voz, darédeslle culto a El e apegarédevos a El.
6
E o tal profeta ou o tal soñador de soños ha de ser executado, pois predicou a rebelión contra o Señor, o voso Deus, que vos sacou do país de Exipto e que vos rescatou da escravitude; si, quíxote apartar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, che mandara camiñar. Dese xeito farás desaparecer do medio de ti a maldade.
7
Se teu irmán, fillo de teu pai ou da túa nai, ou o teu fillo ou a túa filla ou a muller que repousa no teu seo ou o teu amigo que é coma a túa vida, te incitan ás agachadas, dicíndoche: Vaiamos dar culto a deuses alleos, que non coñeciches nin ti nin teus pais
8
—trátese dos deuses dos pobos que vos rodean cerca de ti ou dos que están lonxe de ti desde un cabo de terra ao outro cabo da terra—,
9
non lle obedezas nin lle fagas caso, nin o teu ollo teña piedade del, nin sintas compaixón, nin o encubras.
10
Debes absolutamente matalo: a túa man será a primeira en darlle morte, e a man de todo o pobo seguirá despois:
11
Acantázao con pedras e que morra, xa que tratou de te apartar do Señor, o teu Deus, que te sacou do país de Exipto, da escravitude.
12
Así, todo Israel, ao escoitar isto, terá medo e non continuará cometendo no medio de ti maldade semellante a esta.
13
Cando nunha das túas cidades, que o Señor, o teu Deus, che concedeu para vivires nela, oias dicir
14
que uns homes, fillos de quen non serve para nada, saíron do medio de ti e seduciron os habitantes da súa cidade, dicíndolles: Vaiamos dar culto ós deuses alleos que non coñeciades,
15
entón investiga, examina e pregunta con todo coidado. Se resulta que se establece a verdade, de tal feito que esa abominación se cometeu no medio de ti,
16
entón bateraslles co fío da espada ós habitantes da tal cidade: entregarala con todo o que hai nela ao exterminio sagrado co fío da espada.
17
Xuntarás no medio da praza da cidade todo o seu botín; a cidade e o botín queimaralos totalmente na labarada en ofrenda ao Señor, o teu Deus; e ela ha ser coma un outeiro para sempre, pois non será reedificada.
18
Nada do consagrado ao exterminio se che pegará á túa man, para que o Señor cambie o ardor da súa ira e che conceda misericordia e teña compaixón de ti e te multiplique, tal como llelo xurou a teus pais.
19
Si, escoita a voz do Señor, o teu Deus, gardando os seus mandamentos, que eu che mando hoxe, e facendo o que é recto ós ollos do Señor, o teu Deus.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34