bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 24
Deuteronomy 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 25 →
1
Se un home colle muller e casa con ela, pero logo, se ela non atopa amor ós seus ollos, xa que el encontrou nela cousas que o fan avergoñarse, entón escribiralle o documento de repudio e entregarallo na man botándoa da casa.
2
Entón se ela sae da casa del e vai e volve ser muller doutro home;
3
se estoutro home non a quere e lle escribe o documento de repudio entregándollo na man e despedíndoa da casa, ou se morre estoutro home que casou coa muller,
4
o primeiro marido, o que a despediu, non poderá volver collela para que sexa a súa muller, despois que ela se volveu impura. Si, isto sería unha abominación na presenza do Señor, e non podes encher de pecados o país que o Señor, o teu Deus, che vai dar en herdanza.
5
Se un home hai pouco que casou coa muller, non sairá co exército, nin se irá á casa del por calquera cousa; estará libre durante un ano na súa casa e gozará coa muller coa que casou.
6
Non se collerán como fianza as dúas pedras do muíño, e nin sequera a moa, pois colleríase en fianza unha vida.
7
Se acontece que un home secuestra a outro de seus irmáns entre os fillos de Israel, e o vende despois de maltratalo, o secuestrador ha de morrer. Deste xeito retirarás a maldade do medio de ti.
8
Precavédevos das chagas da lepra, poñendo moita atención e cumprindo todo o que vos ensinen os sacerdotes levitas. Estade atentos a facer tal como eu llelo mandei.
9
Lembrádevos do que o Señor, o teu Deus, lle fixo a María polo camiño, cando saístes de Exipto.
10
Cando lle emprestes ao teu próximo calquera cousa, non entres na súa casa a collerlle fianza:
11
has de esperalo fóra, e que o home a quen ti lle emprestaches, che saque a fianza fóra.
12
Se fose un pobre, non te deites na súa fianza:
13
has de lle devolver a fianza ao pórse o sol, e deste xeito deitarase cuberto co seu manto e bendicirate, e ti terás na presenza do Señor, o teu Deus, unha obra xusta.
14
Non explotarás o xornaleiro, oprimido e pobre, sexa un dos teus irmáns ou un dos emigrantes que hai no teu país, nas portas das túas cidades.
15
No seu día entregaraslle o seu xornal, de xeito que non se poña o sol sobre ese xornal, pois el é un oprimido e está arelando o seu xornal; non sexa que chame ao Señor contra ti e o feito che sexa pecado.
16
Non se condenará á morte os pais por culpa dos fillos, nin se condenará á morte os fillos por culpa dos pais: condenarase á morte a cada un polo seu pecado.
17
Non estorbarás o xusto xuízo do emigrante nin do orfo, nin collas en fianza o vestido dunha viúva.
18
Lémbrate de que fuches servo en Exipto e de que o Señor, o teu Deus, te rescatou de alí. Por isto eu che mando que poñas en obra esta lei.
19
Se segas a túa anada no teu campo e esqueces un monllo, non deas a volta para collelo: será para o emigrante, para o orfo e para a viúva, a fin de que o Señor, o teu Deus, te bendiga en todas as obras da túa man.
20
Se vareas a túa oliveira, non varees de segundas as ramas verdes: o que quede será para o emigrante, para o orfo e para a viúva.
21
Se vendimas a túa viña, non rebusques de segundas: o rebusco será para o emigrante, para o orfo e mais para a viúva.
22
Así lembraraste de que fuches servo no país de Exipto. Por isto eu che mando que poñas en obra esta lei.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34