bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 25
Deuteronomy 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 26 →
1
Cando haxa un preito entre dous homes, hanse de chegar ao tribunal dos xuíces que os han de xulgar, e declararán xusto o inocente, condenarán o culpable.
2
Se o xuíz decreta castigar con golpes o culpable, farao azoutar na súa presenza en número proporcional á culpabilidade.
3
Poderá castigalo con corenta azoutes, nada máis, non sexa que o continúen azoutando por enriba deste número, e a ferida sexa excesiva e teu irmán quede humillado na túa presenza.
4
Non lle porás bozo ao boi cando trille.
5
Se dous irmáns viven xuntos, e morre un deles sen fillos, a muller do defunto non será para un home alleo, non sairá para fóra da familia; o seu cuñado irá xunto dela e colleraa coma muller súa, e cumprirá con ela o seu deber de cuñado.
6
O primoxénito que ela dea a luz, constituirao el á fronte da familia de seu irmán defunto; deste xeito a familia deste non desaparecerá de Israel.
7
Pero se ao home non lle gusta casar coa cuñada, a cuñada subirá ás portas da cidade a onda os anciáns, e declarará: O meu cuñado rexeita a seu irmán, a súa familia en Israel, non quere cumprir no meu favor os seus deberes de cuñado.
8
Os anciáns da cidade citarano e diranllo; el comparecerá, e, se lles di: non quero collela,
9
entón a súa cuñada acercarase a el en presenza dos anciáns e desataralle a sandalia do seu pé, cuspiralle na cara, e logo tomará ela a palabra e dirá: Así se lle fai ao home que non quere construír a casa de seu irmán.
10
A súa familia chamarase en Israel: a casa do da sandalia desatada.
11
Se dous homes pelexan, un e mais o seu irmán, e a muller dun deles se arrima para librar o seu marido da man de quen lle está batendo, se ela mete a súa man e agarra forte o outro polas súas vergoñas,
12
entón cortaraslle a ela a man; os teus ollos non terán compaixón.
13
Non terás no teu saco dúas pesas de pedra distintas: unha máis grande e outra máis pequena.
14
Non terás na túa casa dous ferrados distintos: un grande e outro pequeno.
15
Has de ter pesas de bo peso e trato xusto; has de ter ferrado de boa medida e trato xusto, para que se multipliquen os teus días sobre a terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar.
16
Pois todo aquel que fai estas cousas, todo o que comete inxustiza, é unha abominación para o Señor, o teu Deus.
17
Lémbrate do que che fixo Amaleq no camiño, cando saístes de Exipto:
18
de como che saíu ao encontro polo camiño e de como te atacou por detrás, a ti e a todos os que viñan cansos detrás de ti, pois ti estabas fatigado e esmorecendo; non lle tivo ningún respecto a Deus.
19
Por iso, cando o Señor, o teu Deus, che permita descansar de todos os inimigos que hai ao teu arredor, na terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar en herdanza, para que tomes posesión dela, has de borrar a lembranza de Amaleq de debaixo do ceo. Non te esquezas!
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34