bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 11
Deuteronomy 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 12 →
1
Amarás o Señor, o teu Deus, e gardarás o que El mande: os seus preceptos os seus decretos e os seus mandamentos todos os días.
2
Recoñecédeo hoxe. Certo que non se trata dos vosos fillos, que nin coñeceron nin viron o castigo do Señor, voso Deus, nin a súa grandeza, nin a súa man poderosa, nin o seu brazo estendido,
3
nin os seus prodixios, nin as súas obras, as que El fixo no medio de Exipto contra o Faraón, rei de Exipto, e contra todo o seu país:
4
As que fixo contra o exército de Exipto, contra os seus cabalos e contra os seus carros; de xeito que fixo fluír as augas do mar dos Xuncos sobre a súa furia, cando vos perseguían, e destruíunos o Señor ata o día de hoxe;
5
As que fixo contra vós no deserto ata que chegastes a este lugar;
6
e as que fixo contra Datán e Abiram, os fillos de Eliab, fillo de Rubén, cando o abismo abriu a súa boca e os tragou no medio de todo Israel: a eles, as súas familias, as súas tendas e a todos os seres vivos que estaban á súa disposición.
7
Certo que se trata dos vosos ollos que viron a obra que o Grande Señor fixo.
8
Gardaredes todos os mandamentos que eu che mando hoxe, a fin de terdes forza para entrar e tomar posesión do país, ao que ides pasar e tomar en posesión,
9
e a fin de que se che alonguen os días sobre a terra, que o Señor prometeu con xuramento dar a vosos pais e mais á súa descendencia. Terra que rega leite e mel.
10
Certo que no país ao que ti vas entrar para o tomares en posesión, non é coma o país de Exipto, de onde saístes, e onde botabas a túa sementeira e regabas ao pé, coma nun horto de verduras.
11
Si, o país a onde vas cruzar para o tomares en posesión, é un país de montañas e de vales; bebe a auga da chuvia do ceo;
12
é un país do que o Señor, o teu Deus, se coidará, e os ollos do Señor, o teu Deus, estarán continuamente postos nel desde o comezo ata a fin do ano.
13
Se lles facedes de verdade caso ós meus mandamentos, os que eu vos mando hoxe, amando o Señor, voso Deus, e servíndoo con toda a vosa intención e con todo o voso ser,
14
eu mandarei ao seu tempo a chuvia da vosa terra, a chuvia do outono e a chuvia da primavera: recollerás o teu trigo, o teu mosto e o teu aceite;
15
porei herba nos teus campos para o teu gando, e ti comerás ata fartar.
16
Tende moito coidado de que o voso corazón non se deixe seducir e vós vos extraviedes e deades culto a deuses alleos e vos prostredes diante deles.
17
Porque se acendería a ira do Señor contra vós: pecharía o ceo e non habería chuvia, e o campo non daría o seu froito, e desapareceriades axiña de sobre esta boa terra que vos vai dar o Señor.
18
Constituíde estas palabras miñas coma obxecto das vosas intencións e do voso esforzo, atádeas ao voso pulso coma sinal, e póndeas entre os vosos ollos coma filacteria;
19
ensinádellelas a vosos fillos, falándolles delas, cando esteas sentado na túa casa e cando vaias de camiño, cando esteas deitado e cando esteas de pé;
20
e escríbeas nos marcos da túa casa e nas túas portas,
21
para que os vosos días e os días dos vosos fillos sobre a terra, que o Señor prometeu con xuramento dar ós vosos pais, duren tanto coma os días do ceo sobre a terra.
22
Ollade que se gardades fielmente todos estes mandamentos que eu vos mando cumprir, amando o Señor, camiñando por todos os seus vieiros e apegándovos a El,
23
entón o Señor irá diante de vós expulsando a todos estes pobos, e vós tomaredes posesión de pobos máis grandes e máis poderosos ca vós.
24
Todos os lugares onde pise a planta do voso pé serán vosos. A vosa fronteira será desde o deserto e o Líbano, e desde o río Éufrates ata o mar do Occidente.
25
Ninguén se resistirá diante de vós. O Señor, voso Deus, difundirá pánico e medo por todo o país no que vós pisedes, tal e como volo dixo.
26
Olla! Eu poño diante de vós hoxe bendición e maldición:
27
A bendición, se facedes caso dos mandamentos do Señor, voso Deus, que eu vos mando hoxe;
28
e a maldición, se non facedes caso dos mandamentos do Señor, voso Deus, e vos apartades do camiño que eu vos mando hoxe, marchando tras de deuses estranxeiros que non coñeciades.
29
Cando o Señor, o teu Deus, te faga entrar no país a onde vas para o tomares en posesión, ti porás a bendición sobre o monte Garizim e a maldición sobre o monte Ebal.
30
Estes montes dominan a ribeira do Xordán detrás do camiño da posta do sol, o territorio do rei cananeo que manda na Arabah, fronte a Guilgal, no lado da aciñeira de Moreh.
31
Ollade que ides cruzar o Xordán para entrardes a tomar posesión do país que o Señor, o voso Deus, vos dá; tomade posesión del e dominádeo,
32
e estade atentos a cumprir todos os mandamentos e decretos que eu vos poño diante hoxe.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34