bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 9
Deuteronomy 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 10 →
1
Escoita, Israel! Ti vas cruzar hoxe o Xordán para tomares posesión de pobos máis grandes e máis poderosos ca ti, de cidades máis grandes e fortificadas có ceo;
2
un pobo grande e de grande estatura son os fillos dos anaquitas, ós que ti non coñecías, aínda que ti mesmo oíches: Quen poderá resistir ante os fillos de Anac?
3
Pero hoxe vas recoñecer que o Señor, o teu Deus, é quen pasa diante de ti coma lume devorador, El é quen os vai destruír, El é quen os vai subxugar na túa presenza, mentres ti vas tomar posesión deles e os vas facer desaparecer nun instante, tal como cho dixo o Señor.
4
Cando o Señor, o teu Deus, os bote da túa presenza, non digas para os teus adentros: Por mor da miña xustiza foi polo que o Señor me fixo entrar a tomar posesión deste país, pois é pola iniquidade destes pobos polo que o Señor os desposúe do país que está na túa presenza.
5
Non é pola túa xustiza nin pola rectitude das túas intencións polo que ti vas entrar a tomar posesión do seu país. Certo que é pola iniquidade destes pobos, polo que o Señor, o teu Deus, os vai despoxar do país que está na túa presenza, para así manter a promesa que o Señor lles fixo con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob.
6
Recoñece que non é pola túa xustiza polo que o Señor, o teu Deus, che entrega este bo país, para o tomares en posesión, pois ti es un pobo de cabeza dura.
7
Recorda, non te esquezas de que enfadaches o Señor, o teu Deus, no deserto; desde o día en que saíches do país de Exipto ata a vosa chegada a este lugar, estivestes rebelándovos contra o Señor.
8
No Horeb enfadastes o Señor, e o Señor anoxouse contra vós ata querer destruírvos.
9
Cando eu subín á montaña para recoller as lousas de pedra, as táboas da Alianza, que o Señor pactara convosco, quedei na montaña corenta días e corenta noites, sen comer pan e sen beber auga.
10
Entón o Señor entregoume as dúas lousas de pedra, escritas co dedo índice de Deus, e sobre elas había certamente todos os mandamentos que o Señor vos dera na montaña, desde o medio do lume, o día da asemblea.
11
Foi ao cabo de corenta días e de corenta noites, cando o Señor me entregou as dúas lousas de pedra, as táboas da Alianza.
12
Entón díxome o Señor: Levántate e baixa rápido de aquí, que se corrompeu o teu pobo, o que ti sacaches de Exipto. Ben axiña se apartaron do camiño que eu lles mandei. Fixeron para eles un ídolo de fundición.
13
Logo díxome o Señor: Estou ollando para este pobo, e velaí que é un pobo de dura cerviz.
14
Déixame, vounos destruír, e borrar o seu nome de debaixo do ceo, mentres que a ti te vou converter nun pobo máis poderoso e máis numeroso ca eles.
15
Entón dei a volta e baixei da montaña coas dúas táboas da Alianza nas miñas mans, mentres a montaña estaba ardendo en labarada.
16
Ollei, e velaí que pecarades contra o Señor, voso Deus. Fixerades un becerro de metal fundido. Ben axiña vos apartarades do camiño que vos tiña mandado o Señor.
17
Entón collín as dúas lousas, tireinas das miñas mans e esnaquiceinas diante dos vosos ollos.
18
Logo prostreime no chan diante do Señor, tal e como o fixera a primeira vez, durante corenta días e corenta noites, sen comer pan nin beber auga, por culpa de todos os pecados que acababades de cometer, facendo o que está mal ós ollos do Señor, ata ofendelo.
19
Certo que lle tiña medo á ira e á carraxe con que estaba enfadado o Señor contra vós, a tal punto que vos quería destruír; pero o Señor tamén esta vez me escoitou.
20
Tamén estaba o Señor tan enfadado contra Aharón, que o quería matar, mais eu tamén recei por Aharón daquela.
21
Logo collín o pecado que fixerades, o becerro, queimeino no lume, e esnaquiceino, triturándoo ben ata que quedou moído coma o po, e botei o seu po ao regueiro que baixa da montaña.
22
Logo seguistes enfadando ao Señor en Taberah, en Masah e en Quibrot Hatavah.
23
E cando o Señor vos mandou saír de Cadex Barnea, dicíndovos: Subide e tomade posesión da terra que eu vos entreguei, vós rebelástesvos contra a orde da boca do Señor, voso Deus; non vos fiastes del nin lle fixestes caso á súa voz.
24
Desde o día en que vos coñecín, vindes sendo rebeldes co Señor.
25
Entón prostreime no chan diante do Señor corenta días e corenta noites, igual que me prostrara antes, pois o Señor falara de vos destruír,
26
e receille ao Señor, dicindo: Meu Señor, Deus, non destrúas o teu pobo e a túa herdanza, a que ti redimiches, coa túa grandeza, a que ti fixeches saír de Exipto coa túa forte man.
27
Lémbrate dos teus servos: de Abraham, de Isaac e de Xacob; non olles para a obstinación deste pobo, nin para a súa ruindade, nin para o seu pecado,
28
senón hase dicir: O Señor non foi capaz de traelos á terra de onde os sacara e que lles prometera, senón que polo odio que lles ten, fíxoos saír, para os facer morrer no deserto.
29
Pero eles son o teu pobo e a túa herdanza, que fixeches saír co teu grande poder e co teu brazo estendido.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34