bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 8
Deuteronomy 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 9 →
1
Todo mandamento, que eu che mande hoxe, terás coidado de o cumprires, para que vivades felices, vos multipliquedes e entredes a tomar en posesión a terra que o Señor prometeu con xuramento ós vosos pais.
2
Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e saber o que hai nas túas intencións: se ti querías gardar os seus mandamentos, ou non.
3
El aflixiute, facéndote pasar fame, e logo deuche de comer o maná, que nin coñecías ti nin coñecían teus pais, co fin de che dar a coñecer que non soamente do pan vive feliz o home, senón que o home vive feliz con todo o que sae da boca do Señor.
4
O teu mantón non se gastou sobre ti nin os teus pés che incharon durante estes corenta anos,
5
A fin de que ti recoñezas, meditándoo para os teus adentros, que o mesmo que calquera castiga ao seu fillo, así o Señor, o teu Deus, te está castigando.
6
Has de gardar os mandamentos do Señor, o teu Deus, para seguires a súa moral e para lle mostrares o teu respecto.
7
Olla que o Señor, o teu Deus, te vai levar a un país bo, terra de regueiros de auga, de fontes e lagos que saen das veigas e das montañas;
8
terra de trigo e de cebada, de viñas, de figueiras e de granadas, terra de aceite e de mel;
9
terra, onde non has comer o pan con mesquindade, onde nada che faltará; terra que ten as pedras de ferro, e con montañas nas que picarás cobre.
10
Entón ti comerás ata fartarte e bendicirás o Señor, o teu Deus, polo bo país que che deu.
11
Gárdate ben de esquecer o Señor, o teu Deus, non gardando os mandamentos e os decretos e preceptos que eu che estou mandando hoxe.
12
Non sexa que cando comas e te fartes e constrúas boas casas,
13
e cando se multiplique o teu gando e os teus rabaños, o ouro e a prata se che multiplique, e todo o teu se che multiplique, e
14
se che xacta o teu corazón e te esquezas do Señor, o teu Deus, que foi quen te sacou do país de Exipto, da casa da escravitude;
15
foi quen te fixo camiñar polo deserto grande e terrible, por culpa das serpentes de mordedura queimante, dos escorpións e da sequidade (pois non había auga); foi El quen fixo saír para ti auga da pedra de granito;
16
foi El quen che deu a comer no deserto o maná, que teus pais non coñecían, co fin de te aflixir e pórte a proba, para logo facerche ben no teu futuro.
17
Non sexa que vaias dicir para os teus adentros: Foi a miña forza e o poder dos meus puños o que me produciu esta prosperidade.
18
Lémbrate máis ben do Señor, o teu Deus, que El é quen che dá a forza para producires a prosperidade, se mantés en pé a súa alianza, a que lles prometeu con xuramento a teus pais, o mesmo que fai hoxe.
19
Pero, se ti te esqueces do Señor, o teu Deus, e vas tralos deuses alleos, lles dás culto e te prostras diante deles, eu póñovos como testemuñas hoxe de que pereceredes sen remedio.
20
O mesmo cós pobos que o Señor fixo perecer na vosa presenza, así pereceredes, se non lle facedes caso á voz do Señor, voso Deus.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34