bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 21
Deuteronomy 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 22 →
1
Se aparecese un home apuñalado na terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar en posesión —un que caeu morto no descampado e non se sabe quen o matou—,
2
sairán os teus anciáns e os teus xuíces, e medirán a distancia que hai ás cidades que haxa preto do apuñalado.
3
Verán cal é a cidade máis próxima ao apuñalado e os anciáns desa cidade collerán unha xovenca coa que non se traballou nin se puxo ao xugo;
4
logo os anciáns desa cidade farán baixar a xovenca ata un río de auga perenne, onde non se cultive nin se semente, e descrocarán alí a xovenca no río.
5
Os sacerdotes, fillos de Leví, aproximaranse, pois escolleunos o Señor, o teu Deus, para servilo, para bendicir no Nome do Señor e para que calquera litixio e calquera caso de morte se resolva coa súa declaración;
6
e os anciáns desa cidade, os que están cerca do apuñalado, lavarán as súas mans sobre a xovenca descrocada no río,
7
e declararán deste xeito: As nosas mans non verteron este sangue, os nosos ollos non viron nada.
8
Perdoa o teu pobo Israel, a quen ti redimiches, Señor, e non deixes que o sangue inocente siga estando no medio do teu pobo Israel. Deste xeito, o sangue vertido quedaralles expiado.
9
Ti aparta do medio de ti o sangue inocente vertido; si, fai o que é recto ós ollos do Señor.
10
Cando saias á guerra contra o teu inimigo e o Señor, o teu Deus, cho entregue no teu poder e o leves cativo,
11
se ves entre os presos unha muller de fermosa figura e atopas compracencia nela e a queres coller como muller,
12
entón farala entrar dentro da túa casa; ela rapará a súa cabeza e axeitará as súas uñas,
13
quitará o vestido da súa escravitude e vivirá na túa casa; logo fará dó por seu pai e por súa nai durante os días dunha lunación; e despois disto uniraste a ela, casarás con ela e será a túa muller.
14
Pero se despois resulta que non atopas compracencia nela, déixaa marchar á súa vontade, pero vender non a vendas por diñeiro. Non a maltrates, despois que a posuíches.
15
Se un home ten dúas mulleres, unha benquerida e outra desdeñada, e a benquerida e mais a desdeñada lle dan fillos, pero o fillo primoxénito é da desdeñada,
16
o día que reparta toda a súa herdanza, todo o que ten, entre os seus fillos, non poderá constituír primoxénito o fillo da benquerida contra o dereito do fillo da desdeñada, que é o primoxénito;
17
senón que ha de recoñecer como primoxénito o fillo da desdeñada dándolle parte dobre en todo o que lle pertenza, pois el é a primicia do poder xerador do pai: a el perténcelle o dereito de primoxenitura.
18
Se un home tivese un fillo rebelde e bebedor que nin fai caso de seu pai nin de súa nai, pois aínda que o corrixan non lles fai caso,
19
collerano o seu pai e a súa nai e sacarano fóra perante os anciáns da súa cidade, ás portas do seu lugar.
20
Diranlles ós anciáns da súa cidade: Este fillo noso é un rebelde e un borracho, non nos fai caso, é un comellón e un borracho.
21
Logo apedrarano a cantazos todos os homes da súa cidade e morrerá. Deste xeito apartarás o mal do medio de ti, e todo Israel escoitarao e collerá medo.
22
Se un home tivese un pecado castigado coa pena de morte e hai que lle dar morte, colgaralo dunha árbore.
23
O seu cadáver non pasará a noite colgado na árbore, senón que o has de enterrar no mesmo día, pois o colgado é unha maldición de Deus, e non debes volver impura a terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar en herdanza.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34