bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 5
Deuteronomy 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 6 →
1
Moisés convocou a todo Israel e díxolle: —"Escoita, Israel, estes mandatos e decretos que eu promulgo ós vosos oídos neste día, para que os aprendades e coidedes de os pór en práctica.
2
O Señor, o noso Deus, fixo unha alianza connosco no Horeb;
3
non foi cos nosos pais, con quen o Señor fixo esta alianza, senón connosco, estes que hoxe estamos aquí, todos nós, vivos.
4
Cara a cara falou o Señor convosco na montaña desde o medio do lume.
5
Eu estaba entre o Señor e vós naquel intre, para darvos a coñecer a palabra do Señor, xa que vós lle tiñades medo á presenza do lume, e non quixestes rubir á montaña. Velaí o que dixo:
6
Eu son o Señor, o teu Deus, que te fixen saír do país de Exipto, da opresión dos escravos.
7
Non terás outros deuses na miña presenza.
8
Non farás para ti imaxe esculpida, que represente nada do que hai arriba no ceo, nin abaixo na terra, nin na auga de debaixo da terra.
9
Non te prostrarás en adoración diante delas nin te someterás á escravitude no culto a elas, xa que eu son o Señor, o teu Deus, Deus celoso: para os que me aborrecen, castigo o delito dos pais nos descendentes ata a terceira e cuarta xeración;
10
pero practico misericordia benfeitora por mil xeracións cos que me aman e gardan os meus mandamentos.
11
Non invocarás o nome do Señor, o teu Deus, en van, pois non deixará o Señor sen castigo ao que invoque en van o seu nome.
12
Reserva o día do sábado para santificalo, segundo cho mandou o Señor, teu Deus.
13
Traballa e cumpre toda a túa misión durante seis días,
14
pero o día sétimo é sábado, o descanso para o Señor, o teu Deus. Non farás ningún traballo, nin ti nin o teu fillo nin a túa filla, nin o teu criado nin a túa criada, nin o teu boi nin o teu burro, nin ninguén dos teus animais, nin o estranxeiro que está nas túas cidades; deste xeito, descansarán o teu servo e mais a túa serva o mesmo ca ti.
15
Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te sacou de alí o Señor o teu Deus con man forte e brazo estendido. Por isto mandouche o Señor o teu Deus que observases o día de descanso sabático.
16
Honra a teu pai e túa nai, tal como cho mandou o Señor, o teu Deus, para que se alonguen os teus días e atopes a felicidade na terra, que o Señor o teu Deus che vai dar.
17
Non mates.
18
Non cometas adulterio.
19
Non roubes.
20
Non deas testemuño falso contra o teu próximo.
21
Non desexes ter a muller do teu próximo; non cobices a casa do teu próximo, nin a súa terra, nin o seu servo nin a súa serva, nin o seu boi nin o seu burro, nin nada do que lle pertence ao teu próximo.
22
Estes mandamentos ditoullos o Señor con forte voz a toda a vosa asemblea na montaña, desde o medio do lume, da nube e do escuro nubrado. Non engadiu máis nada, senón que os escribiu en dúas lousas de xisto, e entregoumos a min.
23
Pero cando escoitastes esta voz que saía do medio do nubrado e cando a montaña ardía en labarada, achegástesvos xunto a min, todos vós, xefes de tribos e anciáns
24
e dixéstesme: Velaí que o Señor, o noso Deus, mostrounos a súa gloria e a súa grandeza: escoitámolo falar desde o medio do lume. Hoxe vimos que Deus lle pode falar ao home, e este pode seguir vivo;
25
pero agora, ben certo que morreremos. Seguro que nos devorará esa grande labarada, se seguimos nós escoitando de novo a voz do Señor, o noso Deus. Si, morreremos,
26
pois un que sexa todo el carne e que escoite a voz do Deus vivo falándolle desde o medio do lume, como poderá seguir vivo?
27
Acércate ti e escoita todo o que diga o Señor, o noso Deus, e logo ti dirasnos todo o que che diga o Señor, o noso Deus, e nós escoitarémolo e porémolo en práctica.
28
Pero o Señor escoitou as vosas palabras mentres me falabades, e logo díxome o Señor: Escoitei as palabras que che falou este pobo. Está ben todo o que che dixeron.
29
Quen me dera que tivesen un corazón deste xeito, para respectarme a min sempre e para gardaren todos os meus preceptos, e para deste xeito seren felices sempre, eles e os seus fillos!
30
Vai e dilles: Volvédevos ás vosas tendas.
31
Pero ti, queda aquí comigo, que che vou ditar eu mesmo todos os mandamentos e preceptos e ordes que lles ensinarás a eles para que os poñan en práctica no país do que lles vou dar posesión.
32
Tende, pois, coidado de pólos en práctica tal como volo mandou a vós o Señor, o noso Deus. Non vos desviedes nin á dereita nin á esquerda.
33
Seguide todo o camiño que vos mandou o Señor, voso Deus, e deste xeito viviredes, seredes felices e alongaredes os días que recibiredes en herdanza.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34