bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 12
Deuteronomy 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 13 →
1
Estes son os mandamentos e os decretos que estaredes atentos a cumprir na terra que o Señor, Deus de vosos pais, vos deu en posesión, durante todos os días que vós vivades na terra.
2
Destruiredes totalmente todos os santuarios onde os pobos que ides posuír lles daban culto ós seus deuses, no cume das altas montañas e sobre os outeiros e debaixo de toda árbore verde.
3
Romperedes os seus altares, esnaquizaredes as súas estelas, queimaredes con lume as representacións de Axerah, quitaredes as imaxes dos seus deuses e faredes desaparecer os seus nomes dese lugar santo.
4
No culto ao Señor, o voso Deus, non habedes de facer deste xeito.
5
O santuario, que o Señor, voso Deus, escolleu de entre todas as tribos para pór alí o seu nome, ese buscarédelo como a súa morada. Entraredes nel
6
para presentardes alí os vosos holocaustos e os vosos sacrificios, os vosos décimos e as ofrendas voluntarias das vosas mans, os vosos sacrificios ofrecidos en promesa e as vosas ofrendas espontáneas, e os primoxénitos do voso gando e dos vosos rabaños.
7
Alí habedes de comer na presenza do Señor, o voso Deus, e debedes festexar, vós e a xente das vosas casas, en todas as vosas empresas, unha vez que o Señor, o voso Deus, te bendiga.
8
Non habedes de facer tal e coma nosoutros estamos hoxe facendo aquí: cada un fai o que lle parece correcto,
9
pois ata agora aínda non entrastes no lugar do descanso nin na herdanza que o Señor, o teu Deus, che vai dar.
10
Cruzaredes o Xordán e viviredes no país que o Señor, o voso Deus, vos vai dar en herdanza e onde vos vai facer descansar de todos os vosos inimigos que vos rodean, e así viviredes tranquilos.
11
Entón a aquel santuario que escolla o Señor, o voso Deus, para pór nel o seu Nome, levaredes todo o que eu vos mande: os vosos holocaustos e os vosos sacrificios, os vosos décimos e as ofrendas voluntarias da vosa man, e todo o mellor das vosas promesas, que lle fagades ao Señor.
12
E faredes festa na presenza do Señor, o voso Deus, vós e mais os vosos fillos e fillas, e os vosos servos e servas, e tamén o levita que viva dentro das portas das vosas cidades, pois non ten parte nin herdanza convosco.
13
Gárdate ben de ofrecer o teu holocausto en calquera santuario que vexas,
14
senón que no santuario que escolla o Señor nunha das túas tribos, alí ofrecerás o teu holocausto e alí farás todo o que eu che mande.
15
Soamente matarás animais por mor do apetito da túa gorxa e comerás carne segundo a bendición que che concedeu o Señor, o teu Deus, dentro das portas de calquera cidade túa. Comerán tanto o que está impuro coma o que está puro, o mesmo que se fose dunha gacela ou dun cervo.
16
Soamente non comerás o sangue, senón que o verterás na terra como se fose auga.
17
Non che está permitido comer dentro das portas das túas cidades o décimo do teu trigo, nin do teu mosto, nin do teu aceite, nin os primoxénitos do teu gando e do teu rabaño, nin ningunha das túas promesas que ti fagas, nin as túas ofrendas espontáneas, nin as ofrendas voluntarias da túa man.
18
Si, has comelas soamente na presenza do Señor, o teu Deus, no lugar que escolla o Señor teu Deus, tanto ti coma o teu fillo e a túa filla, o teu servo e a túa serva e mais o levita que está dentro das portas da túa cidade. Comeredes e faredes festa na presenza do Señor, o teu Deus, por todas as túas empresas.
19
Gárdate ben de esquecer o levita durante todos os teus días que vivas na túa terra.
20
Cando o Señor, o teu Deus, anchee as túas fronteiras, tal como cho prometeu, e ti digas: Quero comer carne, pois a túa gorxa sente apetito de comer carne, entón poderás comer carne con todo o apetito da túa gorxa.
21
Se está lonxe de ti o santuario que o Señor escolla para pór alí o seu Nome, entón mata algo do teu gando e do teu rabaño que o Señor che deu, tal como cho mandei e come dentro das portas da túa cidade con todo o apetito da túa gorxa.
22
Si, o mesmo que se come a gacela e mais o cervo, así comerás a carne; o que estea impuro e mais o puro comerana xuntos.
23
Mantente moi firme, soamente, en non comer o sangue, pois o sangue é a vida, e non podes comer a vida xunto coa carne.
24
Non o comerás senón que o verterás na terra coma se fose auga.
25
Non o comerás, para que che vaia ben a ti e a teus fillos despois de ti, pois has de facer o que é correcto ós ollos do Señor.
26
Soamente collerás as reses que teñas consagradas e as túas promesas e levaralas ao santuario que escolla o Señor.
27
Has de facer os teus holocaustos —carne e sangue— sobre o altar do Señor teu Deus; o sangue do teu sacrificio hase de verter sobre o altar do Señor, o teu Deus, mentres que a carne has comela.
28
Garda e fai moito caso de todas estas cousas que eu che mando, para que che vaia ben a ti e a teus fillos despois de ti, para sempre, pois has de facer o que é bo e recto ós ollos do Señor, o teu Deus.
29
Cando o Señor, o teu Deus, faga desaparecer da túa presenza os pobos onde ti entras para os desposuír, e cando ti tomes posesión deles e vivas no seu país,
30
despois de que eles sexan exterminados da túa presenza, gárdate ben de caer na trampa indo detrás deles, e de consultar os seus deuses, dicindo: Tal e como deron culto estes pobos ós seus deuses, así tamén eu o farei.
31
Non fagas así no culto ao Señor, o teu Deus, pois todo iso é abominación para o Señor, porque el odia o que eles fan no culto ós seus deuses, pois mesmo chegan a queimar no lume a seus fillos e a súas fillas en honor ós deuses.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34