bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 27
Deuteronomy 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 28 →
1
Moisés e mais os anciáns de Israel ordenáronlle ao pobo nestes termos: —"Gardade todos os mandamentos que eu vos mando hoxe.
2
O día que crucedes o Xordán camiño do país que o Señor, o teu Deus, che vai dar, erguerás pedras grandes e encalaralas con cal,
3
e logo escribirás sobre elas todas as formulacións desta lei, ao cruzares para entrares no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar, país que deita leite e mel, tal como cho dixo o Señor, Deus de teus pais.
4
Cando crucedes o Xordán, ergueredes no monte Ebal esas pedras que eu vos diga e encalarédelas con cal.
5
Construirás alí un altar en honra do Señor, o teu Deus, un altar de pedras que non labrarás co cicel.
6
Pedras enteiras construirán o altar do Señor, o teu Deus, sobre o que lle ofrendarás holocaustos ao Señor, o teu Deus.
7
Sacrificarás sobre el o sacrificio de comuñón e ti comerás alí e alegraraste na presenza do Señor, o teu Deus.
8
Sobre as pedras escribirás todas as formulacións desta lei, escribiralas clara e esteticamente".
9
Moisés e mais os sacerdotes levitas faláronlle a todo Israel nestes termos: —"Garda silencio e escoita, Israel: No día de hoxe quedaches convertido nun pobo para o Señor, o teu Deus.
10
Por isto has de escoitar a voz do Señor, o teu Deus, e has de pór en práctica os seus mandamentos e mais os seus preceptos, que eu che mando hoxe".
11
Ese día Moisés mandoulle ao pobo isto:
12
—"Estes son os que han de estar de pé no monte Garizim, para bendicir o pobo, cando crucedes o Xordán: Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Xosé e Benxamín.
13
Estes son os que han de estar de pé no monte Ebal, por mor da maldición: Rubén, Gad, Axer, Zebulón, Dan e Naftalí.
14
Os levitas collerán a palabra e diranlles a todos os homes de Israel en voz alta:
15
Maldito sexa o home que faga un ídolo e unha imaxe de fundición —abominación para o Señor, obra das mans dun artista— e o poña en lugar escondido. E todo o pobo collerá a palabra e dirá: Amén.
16
Maldito sexa quen desprece a seu pai e a súa nai. E todo o pobo dirá: Amén.
17
Maldito sexa quen lle dea para atrás ao marco do seu veciño. E todo o pobo dirá: Amén.
18
Maldito sexa quen faga desviarse a un cego do seu camiño. E todo o pobo dirá: Amén.
19
Maldito sexa quen torza o dereito de emigrante, do orfo e da viúva. E todo o pobo dirá: Amén.
20
Maldito sexa quen se deite coa muller de seu pai, pois destapou un lenzo do mantón de seu pai. E todo o pobo dirá: Amén.
21
Maldito sexa quen se deite cun animal calquera. E todo o pobo dirá: Amén.
22
Maldito sexa quen se deite coa súa media irmá, filla do pai ou da nai. E todo o pobo dirá: Amén.
23
Maldito sexa quen se deite coa súa sogra. E todo o pobo dirá: Amén.
24
Maldito sexa quen mate o seu veciño en secreto. E todo o pobo dirá: Amén.
25
Maldito sexa quen colla un regalo para matar a aspiración dunha vida inocente. E todo o pobo dirá: Amén.
26
Maldito sexa quen non manteña as formulacións desta lei para pólas por obra. E todo o pobo dirá: Amén.
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34