bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 1
2 Chronicles 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 2 →
1
Salomón, fillo de David, afianzouse no seu reino; Iavé, o seu Deus, estaba con el e fíxoo extraordinariamente grande.
2
Salomón falou con todo Israel, con xefes de millar e de cen, con xuíces e con todos os xefes de Israel, cabezas das casas paternas.
3
Despois Salomón foi con toda a asemblea ó alto de Gabaón, porque alí se atopaba a Tenda do Encontro de Deus, que Moisés, servo de Iavé, fixera no deserto.
4
En canto á arca de Deus, David leváraa de Quiriat Iearim ó lugar preparado para ela, pois erguéralle unha tenda en Xerusalén.
5
O altar de bronce que fixera Besalel, fillo de Urí, fillo de Hur, estaba tamén alí diante, na morada de Iavé. Foron, pois, Salomón e a asemblea consultalo.
6
Subiu Salomón alí, ó altar de bronce que estaba ante Iavé, onda a Tenda do Encontro, e ofreceu sobre el mil holocaustos.
7
Aquela noite aparecéuselle Deus a Salomón e díxolle: —"Pídeme o que queres que che dea".
8
Salomón respondeu a Deus: —"Ti tiveches gran amor a meu pai David e a min fixéchesme rei no seu lugar.
9
Agora, pois, oh Iavé Deus, que se cumpra a promesa que fixeches a meu pai David, xa que ti me fixeches rei sobre un pobo numeroso coma o po da terra.
10
Dáme, logo, agora, sabedoría e intelixencia, para que me saiba conducir ante este pobo teu, tan grande".
11
Respon—deu Deus a Salomón: —"Xa que pensas isto no teu corazón, e non pediches riquezas, nin bens, nin gloria, nin a morte dos teus inimigos, nin tampouco pediches longa vida, senón que pediches para ti sabedoría e intelixencia para saber xulgar o meu pobo, de quen te fixen rei,
12
por iso sonche dadas a sabedoría e o entendemento, e ademais dareiche riquezas, bens e gloria como non as tiveron os reis que houbo antes de ti nin as terá ningún dos que veñan despois de ti".
13
Salomón regresou a Xerusalén desde o alto de Gabaón, de diante da Tenda do Encontro, e reinou sobre Israel.
14
Salomón reuniu carros e cabalos e tivo mil catrocentos carros e doce mil cabalos que levou ás cidades dos carros e onda o rei de Xerusalén.
15
Fixo o rei que a prata e o ouro fosen tan abondosos en Xerusalén coma as pedras e os cedros, coma os sicómoros da Terra Baixa.
16
Os cabalos de Salomón eran de Musur e de Cilicia; os mercadores do rei adquiríanos en Cilicia ó contado.
17
Traían de Exipto un carro por seiscentos siclos de prata e un cabalo por cento cincuenta. Traíanos tamén como intermediarios para todos os reis dos hititas e todos os reis de Aram.
18
Decidiu, pois, Salomón, edificar unha casa ó nome de Iavé e un palacio para si.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36