bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 7
2 Chronicles 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 8 →
1
Cando Salomón terminou a súa oración, baixou lume do ceo, que devorou o holocausto e os sacrificios.
2
A gloria do Señor encheu o templo, e os sacerdotes non podían entrar nel porque a gloria do Señor enchía o templo.
3
Os israelitas, ó veren que o lume e a gloria do Señor baixaban ó templo, prostráronse rostro en terra sobre o pavimento e adoraron e deron grazas ó Señor, porque é bo, porque é eterna a súa misericordia.
4
O rei e todo o pobo ofreceron sacrificios ó Señor;
5
o rei Salomón inmolou vinte e dous mil touros e cento vinte mil ovellas. Así dedicaron o templo de Deus o rei e todo o pobo.
6
Os sacerdotes oficiaban de pé mentres os levitas cantaban ó Señor cos instrumentos que fixera o rei David para loar e dar grazas ó Señor, porque é eterna a súa misericordia; os sacerdotes achábanse perante eles e todos os israelitas mantíñanse de pé.
7
Salomón consagrou o adro interior que hai diante do templo, ofrecendo alí os holocaustos e a graxa dos sacrificios da comuñón, pois no altar de bronce que fixo Salomón non cabían os holocaustos, a ofrenda e a graxa.
8
Naquela ocasión Salomón celebrou durante sete días a festa; acudiu todo Israel, un xentío inmenso, desde o paso de Hamat ata o río de Exipto.
9
Despois de festexar a dedicación do altar durante sete días, o oitavo celebraron unha asemblea solemne e logo outros sete días de festa.
10
O día vinte e tres do mes sétimo Salomón despediu a xente; marcharon ás súas casas alegres e contentos por todos os beneficios que o Señor fixera a David, a Salomón e ó seu pobo Israel.
11
Salomón terminou o templo do Señor e o palacio real; todo canto desexara facer para o templo e o palacio saíulle perfectamente.
12
Aparecéuselle o Señor de noite e díxolle: —"Escoitei a túa oración e elixo este lugar como templo para os sacrificios.
13
Cando eu peche o ceo e non haxa chuvia, cando ordene á lagosta que devore a terra, cando mande a peste contra o meu pobo,
14
se o meu pobo, que leva o meu Nome, se humilla, ora, me busca e abandona a súa mala conduta, eu escoitareino desde o ceo, perdoarei os seus pecados e sandarei a súa terra.
15
Manterei os ollos abertos e os oídos atentos ás súplicas que se fagan neste lugar.
16
Escollo e consagro este templo para que estea nel o meu Nome eternamente. O meu corazón e os meus ollos estarán sempre nel.
17
E en canto a ti, se procedes de acordo comigo coma teu pai David, facendo exactamente o que eu che mando e cumprindo os meus mandatos e decretos,
18
conservarei o teu trono real como pactei con teu pai, David: Non che faltará un descendente que goberne a Israel.
19
Pero se apostatades e descoidades os mandatos e preceptos que vos dei e ides dar culto a outros deuses e os adorades,
20
Arrincareivos da terra que vos dei, rexeitarei o templo que consagrei ó meu Nome e convertereino no refrán e na burla de todas as nacións.
21
E todos os que pasen onda este templo que foi tan magnífico asombraranse, comentando: Por que tratou o Señor de tal maneira a este país e a este pobo?
22
E diranlles: Porque abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara de Exipto, e seguiron a outros deuses, adoráronos e déronlles culto; por iso botoulles encima esta catástrofe".
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36