bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 23
2 Chronicles 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 24 →
1
O ano sétimo Iehoiadá armouse de valor e reuniu os centurións: Azarías, fillo de Ieroham, Ismael, fillo de Iohomán, Azarías, fillo de Obed, Maseías, fillo de Adaías, e Elixafat, fillo de Zicrí. Xuramentouse con eles e percorreron Xudá
2
congregando os levitas de todas as cidades e os cabezas de familia de Israel. Cando regresaron a Xerusalén,
3
toda a asemblea fixo no templo un pacto co rei. Logo díxolles: —"Debe reinar un fillo do rei, como prometeu o Señor á descendencia de David.
4
Ides facer o seguinte: O terzo de vós, sacerdotes e levitas, que entra de servizo o sábado, fará garda nas portas;
5
outro terzo ocupará o palacio e o último terzo a Porta do Fundamento. O pobo situarase nos adros do templo.
6
Pero que ninguén entre no templo, a excepción dos sacerdotes e os levitas de servizo. Eles pódeno facer porque están consagrados; pero o pobo deberá observar as prescricións do Señor.
7
Os levitas rodearán o rei por todas partes, arma en man. Se alguén quere entrar no palacio, matádeo. E estade a carón do rei, vaia onda vaia".
8
Os levitas e os xudeus fixeron o que lles mandou o sacerdote Iehoiadá. Cada un reuniu os seus homes, os que estaban de servizo o sábado e os que quedaban libres, porque o sacerdote Iehoiadá non exceptuou ningunha das seccións.
9
O sacerdote Iehoiadá entregoulles ós oficiais as lanzas, escudos e adargas do rei David, que se gardaban no templo.
10
Colocou a todo o pobo con armas curtas, desde o ángulo sur ata o ángulo norte do templo, entre o altar e o templo, para protexer o rei.
11
Entón trouxeron ó príncipe, colocáronlle a diadema e as insignias, proclamárono rei, e Iehoiadá e seus fillos unxírono, aclamando: —"Viva o rei!".
12
Atalía oíu o clamor da tropa que corría e aclamaba ó rei e foi cara á xente, ó templo.
13
Pero cando viu o rei en pé sobre o estrado, na entrada, e os oficiais e a banda a carón do rei, toda a poboación en festa, as trompetas tocando e os cantores acompañando os cánticos de loanza cos seus instrumentos, rachou as vestiduras e dixo: —"Traizón, traizón!".
14
O sacerdote Iehoiadá ordenou ós oficiais que mandaban as forzas: —"Sacádea do adro. A quen a siga, matádeo". Pois non quería que a matasen no templo.
15
Fórona empuxando coas mans, e cando chegaba a palacio pola Porta das Cabalerías, alí mesmo a mataron.
16
Iehoiadá selou un pacto con todo o pobo e co rei para que fose o pobo do Señor.
17
Toda a poboación dirixiuse logo ó templo de Baal: destruírono, derrubaron os seus altares e as súas imaxes, e a Matán, sacerdote de Baal, degolárono ante o altar.
18
Iehoiadá puxo gardas no templo, ás ordes dos sacerdotes e levitas que David distribuíra na casa de Deus para ofreceren holocaustos ó Señor —segundo o manda a lei de Moisés— con alegría e con cánticos compostos por David.
19
Puxo porteiros nas portas do templo para que non entrase absolutamente nada impuro.
20
Logo, cos centurións, os notables, as autoridades e todo a veciñanza, sacaron do templo ó rei, e levárono ó palacio pola Porta Superior e instalárono no trono real.
21
Toda a poboación fixo festa e a cidade quedou tranquila. A Atalía matárana a espada.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36