bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 11
2 Chronicles 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 12 →
1
Cando Roboam chegou a Xerusalén, mobilizou cento oitenta mil soldados de Xudá e Benxamín para loitar contra Israel e recuperar o reino.
2
Pero o Señor dirixiu a palabra ó profeta Semaías:
3
—"Di a Roboam, fillo de Salomón, rei de Xudá, e a todos os israelitas de Xudá e Benxamín:
4
Así di o Señor: non vaiades loitar contra vosos irmáns; que cada un volva á súa casa, porque isto sucedeu por vontade miña". Obedeceron ás palabras do Señor e desistiron da campaña contra Ieroboam.
5
Roboam habitou en Xerusalén e construíu fortalezas en Xudá.
6
Restaurou Belén, Etam, Tecoa,
7
Bet—Sur, Socó, Andulam,
8
Gat, Marexarh, Zif,
9
Adoraim, Láquix, Axecah.
10
Sorah, Aiabón e Hebrón, fortalezas de Xudá e Benxamín,
11
equipou as fortalezas, puxo nelas comandantes e forneceunas de almacéns de víveres, aceite e viño.
12
Todas as cidades tiñan escudos e lanzas; estaban perfectamente armadas. Reinou en Xudá e Benxamín.
13
Os sacerdotes e levitas de todo Israel acudían desde as súas terras para unirse a el;
14
os levitas abandonaron os seus eidos e posesións para establecerse en Xudá e Xerusalén, porque Ieroboam e os seus fillos lles prohibiran exercer o sacerdocio do Señor,
15
nomeando pola súa conta sacerdotes para as ermidas dos outeiros, para os sátiros e para os beceros que fabricaran.
16
Tras eles, israelitas de todas as tribos desexosas de servir o Señor, Deus de Israel, foron a Xerusalén para ofreceren sacrificios ó Señor, Deus de seus pais.
17
Consolidaron o reino de Xudá e fixeron forte a Roboam, fillo de Salomón, durante tres anos, tempo no que imitaron a conduta de David e Salomón.
18
Roboam casou con Mahlat, filla de Ierimot, fillo de David e de Abigaíl, filla de Eliab, de Ixaí.
19
Deulle varios fillos: Ieux, Xemarías e Zaham.
20
Despois casou con Macah, filla de Abxalom que lle deu a Abías, Atai, Zizá e Xelomit.
21
Roboam quería a Macah máis do que a todas as outras mulleres e concubinas; tivo dezaoito esposas e setenta concubinas e xerou vinte e cinco fillos e setenta fillas.
22
A Abías, fillo de Macah, púxoo ó mando de seus irmáns, escolléndoo como sucesor.
23
Repartiu prudentemente os seus fillos por todo o territorio de Xudá e Benxamín e por todas as fortalezas, dándolles gran cantidade de víveres e procurándolles moitas mulleres.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36