bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 3
2 Chronicles 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 4 →
1
Comezou, pois, Salomón a edificar o templo de Iavé en Xerusalén, no monte Móriah, onde se manifestara Deus a seu pai David, no lugar onde David fixera os preparativos, na eira de Ornán o iebuseo.
2
Deu comezo ás obras o segundo mes do cuarto ano do seu reinado.
3
Este é o plano sobre o que Salomón edificou o templo de Deus: setenta cóbados de lonxitude, en cóbados de medida antiga, e vinte cóbados de anchura.
4
O vestíbulo que estaba diante da nave do templo tiña unha lonxitude de vinte cóbados correspondente ó ancho do templo, e unha altura de cento vinte. Salomón recubriuno por dentro de ouro puro.
5
Revestiu a sala grande de madeira de ciprés e recubriuna de ouro fino, facendo esculpir nela palmas e cadeíñas.
6
Para adornar o templo revestiuno tamén de pedras preciosas; o ouro era ouro de Parvaím.
7
Recubriu de ouro o templo, as trabes, os limiares, as súas paredes, e as súas portas, e esculpiu querubíns nas paredes.
8
Construíu tamén a sala do Santo dos Santos, cunha lonxitude correspondente ó ancho do templo, que era de vinte cóbados. Revestiuno de ouro puro, que pesaba seiscentos talentos.
9
Os cravos de ouro pesaban cincuenta siclos. Cubriu tamén de ouro as salas altas.
10
No interior da sala do Santo dos Santos fixo dous querubíns, de obra esculpida, que revestiu de ouro.
11
As ás dos querubíns tiñan vinte cóbados de longo. Unha á era de cinco cóbados e tocaba a parede da sala; a outra á tiña tamén cinco cóbados e tocaba a á do outro querubín.
12
A á do segundo querubín era de cinco cóbados e tocaba coa á do primeiro querubín.
13
As ás despregadas destes querubíns medían vinte cóbados. Estaban de pé, e coas súas facianas voltas cara á sala.
14
Fixo tamén o veo de púrpura violeta, púrpura escarlata, carmesí e liño fino no que fixo pór querubíns.
15
Diante da sala fixo dúas columnas de trinta e cinco cóbados de alto. O capitel que as coroaba tiña cinco cóbados de alto.
16
Máis tarde fixo cadeíñas e colocounas sobre o remate das columnas; fixo tamén cen granadas que puxo nas cadeíñas.
17
Ergueu as columnas diante da entrada, unha á dereita e outra á esquerda, e chamou á da dereita Iaquín e á da esquerda Boaz.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
Recommended Reading
Commentary
2 Chronicles Commentaries
→
Devotional
2 Chronicles Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→