bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 18
2 Chronicles 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 19 →
1
Cando Ioxafat chegou ó cume da súa riqueza e prestixio, emparentou con Ahab.
2
Anos máis tarde baixou a Samaría a visitar a Ahab. Este matou gran cantidade de ovellas e de touros para el e para o seu séquito; logo induciuno a atacar Ramot de Galaad.
3
Ahab, rei de Israel, dixo a Ioxafat, rei de Xudá: —"Queres vir comigo contra Ramot de Galaad?". Ioxafat respondeulle: —"Ti e mais eu, o teu exército e o meu, iremos xuntos á guerra".
4
Logo engadiu: —"Consulta antes o oráculo do Señor".
5
O rei de Israel reuniu os profetas, catrocentos homes, e preguntoulles: —"Podemos atacar Ramot de Galaad, ou déixoo?". Responderon: —"Vai; Deus entrégalla ó rei".
6
Entón Ioxafat preguntou: —"Non queda por aí algún profeta do Señor para preguntarlle?".
7
O rei de Israel respondeulle: —"Queda aínda un, Miqueas, fillo de Imlah, por quen podemos consultar o Señor; pero eu aborrézoo, porque nunca profetiza venturas, senón sempre desgrazas". Ioxafat dixo: —"Non fale así o rei!".
8
O rei de Israel chamou a un funcionario e díxolle: —"Que veña axiña Miqueas, fillo de Imlah".
9
O rei de Israel e Ioxafat de Xudá estaban sentados nos seus tronos, coas súas vestiduras rexias, na praza, onda a porta de Samaría, mentres todos os profetas acenaban diante eles.
10
Sedecías, fillo de Cananah, fíxose uns cornos de ferro e dicía: —"Así di o Señor: con estes escornearás ós sirios ata acabares con eles".
11
E todos os profetas coreaban: —"Ataca Ramot de Galaad! Triunfarás, o Señor entrégacha".
12
Mentres tanto o mensaxeiro que fora chamar a Miqueas, díxolle: —"Ten en conta que todos os profetas a unha están profetizando venturas ó rei. A ver se o teu oráculo é coma o deles e anuncias venturas".
13
Miqueas replicou: —"Vive Deus! Direi o que Deus me mande!".
14
Cando se presentou ante o rei, este preguntoulle: —"Miqueas, podemos atacar Ramot de Galaad, ou déixoo?". Miqueas respondeulle: —"Ide, triunfaredes. O Señor entrégavola".
15
O rei dixo: —"Pero cantas veces terei que tomarche xuramento de que me dis só a verdade no nome do Señor?".
16
Entón Miqueas dixo: —"Estou vendo a Israel espallado polos montes, coma ovellas sen pastor. E o Señor di: Non ten amo. Volva cada un á súa casa e en paz".
17
O rei de Israel comentou con Ioxafat: —"Non cho dixen? Non profetiza venturas, senón desgrazas".
18
Miqueas continuou: —"Por iso, escoitade a palabra do Señor: Vin o Señor sentado no seu trono. Todo o exército celeste estaba en pé, á dereita e á esquerda;
19
e o Señor preguntoulle: Quen poderá enganar a Ahab, rei de Israel, para que vaia e morra en Ramot de Galaad? Uns propuñan unha cousa, outros outra.
20
Ata que se adiantou un espírito e, posto en pé ante o Señor, dixo: Eu enganareino. O Señor preguntoulle: Como?
21
Respondeu: Irei e transformareime en oráculo falso na boca de todos os profetas. O Señor díxolle: Conseguirás enganalo. Vai e faino.
22
Como ves, o Señor puxo oráculos falsos na boca deses profetas teus, porque o Señor decretou a túa perda".
23
Entón Sedecías, fillo de Cananah, acercouse a Miqueas e deulle un lapote, dicíndolle: —"Por onde escapou de min o espírito do Señor para falarche a ti?"
24
Miqueas respondeu: —"Veralo ti mesmo o día en que vaias escondéndote de apousento en apousento".
25
Entón o rei de Israel ordenou: —"Collede a Miqueas e levádeo ó gobernador Amón e ó príncipe Ioax.
26
Dicídelles: Por orde do rei, metede a este no cárcere e taxádelle a ración de pan e auga ata que eu volva vitorioso".
27
Miqueas dixo: —"Se ti volves vitorioso, o Señor non falou pola miña boca".
28
O rei de Israel e Ioxafat, rei de Xudá, foron contra Ramot de Galaad.
29
O rei de Israel dixo a Ioxafat: —"Voume disfrazar antes de entrar en combate. Ti vai coa túa tropa". Disfrazouse e marcharon ó combate.
30
O rei sirio ordenara ós comandantes dos carros que non atacasen a pequeno nin grande, senón só ó rei de Israel.
31
E cando os comandantes dos carros viron a Ioxafat, comentaron: —"Aquel é o rei de Israel!" E lanzáronse contra el. Pero Ioxafat gritou, e o Señor veu na súa axuda, apartándoos del.
32
Os comandantes viron que aquel non era o rei de Israel e deixárono.
33
Un soldado disparou o arco ó azar e feriu ó rei de Israel, atravesándolle a coiraza. O rei dixo ó auriga: —"Dá a volta e lévame do campo de batalla, porque estou ferido".
34
Pero aquel día intensificouse o combate, de maneira que sostiveron ó rei de Israel en pé no seu carro fronte ós sirios ata o atardecer. Morreu ó solpor.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36