bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 14
2 Chronicles 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 15 →
1
Asá fixo o que o Señor, o seu Deus, aproba e estima.
2
Suprimiu os altares estranxeiros e as ermidas dos outeiros, esnaquizou as estelas e cortou os cipos.
3
Animou a Xudá a servir o Señor, Deus de seus pais, e a observar a lei e os preceptos.
4
Suprimiu as ermidas dos outeiros e os cipos en todas as cidades de Xudá. O reino gozou de paz na súa época.
5
Aproveitando esta paz que lle concedeu o Señor, a calma que reinaba no país e a ausencia de guerras durante aqueles anos, construíu fortalezas en Xudá.
6
Para iso propúxolles ós xudeus: —"Podemos dispoñer libremente do país porque servimos o Señor, noso Deus, e El concedeunos paz cos veciños. Imos construír estas cidades e rodealas de murallas con torres, portas e ferrollos". Así o fixeron con pleno éxito.
7
Asá dispuxo dun exército de trescentos mil xudeus, armados de escudo e lanza, e vinte e oito mil benxaminitas, armados de adarga e arco. Todos eran bos soldados.
8
Zérah de Cux saíu ó seu encontro cun exército dun millón de homes e trescentos carros. Cando chegou a Marexah,
9
Asá fíxolle fronte e entaboaron batalla no val de Safatah, onda Marexah.
10
Asá invocou ó Señor, seu Deus: —"Señor, cando queres axudar non distingues entre poderosos e febles. Axúdanos, Señor, noso Deus, que en Ti nos apoiamos e no teu nome nos diriximos contra esa multitude. Ti es o noso Deus. Non te deixes vencer por un home".
11
O Señor derrotou os cuxitas ante Asá e Xudá. Os cuxitas fuxiron;
12
pero Asá perseguiunos coa súa tropa a Guerar. O Señor e as súas hostes esnaquizáronnos. Morreron tantos cuxitas, que non se puideron refacer. O botín foi enorme.
13
Aproveitando que os poboados da bisbarra de Guerar eran presa dun pánico sagrado, asaltáronos e saqueáronos porque había neles gran botín.
14
Mataron tamén a uns pastores e volveron a Xerusalén con gran cantidade de ovellas e camelos.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36