bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 28
2 Chronicles 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 29 →
1
Cando subiu ó trono Ahaz tiña vinte anos e reinou en Xerusalén dezaseis anos. Non fixo, coma o seu antepasado David, o que o Señor aproba.
2
Imitou ó rei de Israel, facendo estatuas ós baales.
3
Queimaba incenso no val de Ben—Hinnom e incluso sacrificou a seu fillo na fogueira, segundo costume aborrecible das nacións que o Señor expulsara ante os israelitas.
4
Sacrificaba e queimaba incenso nos outeiros, nos outeiros e baixo as árbores frondosas.
5
O Señor, seu Deus, entregouno nas mans do rei sirio, que o derrotou, capturou numerosos prisioneiros e levounos a Damasco. Tamén o entregou nas mans do rei de Israel, que lle inflixiu unha gran derrota.
6
Pécah, fillo de Romelías, matou nun só día a cento vinte mil xudeus, pois abandonaron o Señor, Deus de seus pais.
7
E Zicrí, un soldado de Efraím, matou a Maseías, fillo do rei, a Azricam, mordomo do palacio, e ó primeiro ministro Elcanah.
8
Entre mulleres, fillos e fillas, os israelitas colleron a seus irmáns douscentos mil prisioneiros; apoderáronse tamén dun gran botín e levárono a Samaría.
9
Había alí un profeta do Señor, chamado Oded. Cando o exército volvía a Samaría, saíu ó seu encontro e díxolles: —"O Señor, Deus de vosos pais, indignado con Xudá, púxoo nas vosas mans. Pero a saña con que os matastes clama ó ceo.
10
E por riba propóndesvos converter en escravos e escravas os habitantes de Xudá e Xerusalén. Non pecastes xa bastante contra o Señor, voso Deus?
11
Facédeme caso e devolvede os vosos irmáns que collestes prisioneiros, porque vos ameaza a ardente cólera do Señor".
12
Algúns xefes efraimitas —Azarías, fillo de Iohanán, Berequías, fillo de Mexilemot, Ezequías, fillo de Xalum, e Amasá, fillo de Hadlai—, puxéronse tamén en contra do exército que volvía,
13
e dixéronlles: —"Non metades aquí eses prisioneiros, porque seriamos reos ante o Señor. Bastante pecamos xa para que vos dediquedes a aumentar as nosas faltas e culpas irritando ó Señor contra Israel".
14
Entón os soldados deixaron os prisioneiros e o botín á disposición das autoridades e da comunidade.
15
Designaron expresamente a algúns para que se fixesen cargo dos cativos. Os que estaban espidos vestíronos con traxes e sandalias do botín; logo déronlles de comer e beber, unxíronos, montaron en burros ós que non podían camiñar e leváronos a Xericó, a cidade das palmeiras, cos seus irmáns. A continuación volvéronse a Samaría.
16
Por entón, o rei Ahaz mandou unha embaixada ó rei de Asiria para pedirlle axuda.
17
Os idumeos fixeran unha nova incursión, derrotando a Xudá e collendo prisioneiros.
18
Os filisteos saquearon as cidades da Xefelah e do Négueb de Xudá, apoderándose de Bet—Xémex, Aiabón, Guederot, Socó e a súa comarca, Timnah e a súa comarca, Guimzó e a súa comarca, establecéndose nelas.
19
O Señor humillaba a Xudá por culpa de Ahaz, que trouxera o desenfreo a Xudá, e mostrábase rebelde ó Señor.
20
Pero Teglat Peléser, rei de Asiria, en vez de axudalo, marchou contra el e cercouno.
21
E aínda que Ahaz espoliou o templo, o palacio e as casas das autoridades para gañar a vontade do rei, non lle serviu de nada.
22
Incluso durante o asedio seguiu rebelándose contra o Señor.
23
Ofreceu sacrificios ós deuses de Damasco que o derrotaran, pensando: —"Os deuses de Siria si que axudan ós seus reis. Ofrecereilles sacrificios para que me axuden a min". Pero foron a súa ruína e a de Israel.
24
Ahaz reuniu os obxectos do templo e fíxoos anacos; pechou as portas do templo, construíu altares en todos os recantos de Xerusalén
25
e levantou ermidas en todas as cidades de Xudá para queimar incenso a deuses estraños, irritando ó Señor, Deus de seus pais.
26
Para as súas restantes actividades e empresas, do principio á fin do seu reinado, véxase o libro dos Reis de Xudá e Israel.
27
Cando Ahaz morreu, non o levaron ó panteón real de Xudá, senón que o enterraron na cidade, en Xerusalén. O seu fillo Ezequías sucedeuno no trono.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36