bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 8
2 Chronicles 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 9 →
1
Salomón construíu o templo do Señor e o palacio durante vinte anos.
2
Fortificou as cidades que lle dera Hiram e instalou nelas ós israelitas.
3
Logo Salomón dirixiuse contra Hamat de Sobah e apoderouse dela.
4
Fortificou Tamor, no deserto, e todas as cidades de avituallamento que construíra en Hamat.
5
Converteu Bethorón de Arriba e Bethorón de Abaixo en prazas fortes, con murallas, portas e ferrollos.
6
O mesmo fixo con Balat, cos centros de avituallamento que tiña Salomón, as cidades con cuarteis de carros e cabalería, e canto quixo construír en Xerusalén, no Líbano e en todas as terras do seu imperio.
7
Salomón fixo unha leva de traballadores non israelitas entre os descendentes que quedaban aínda dos hititas, amorreos, perizitas, hivitas e iebuseos,
8
pobos que os israelitas non exterminaran.
9
Os israelitas non lles impuxo traballos forzados, senón que o servían coma soldados, funcionarios, xefes e oficiais de carros e cabalería.
10
Os xefes e capataces que mandaban nos obreiros eran douscentos cincuenta.
11
A filla do faraón trasladouna da Cidade de David ó palacio que construíra, porque pensaba: —"O palacio de David, rei de Israel, quedou consagrado pola presenza da arca do Señor; a miña muller non pode vivir nel".
12
Salomón ofrecía holocaustos ó Señor sobre o altar de Iavé, que construíra diante do adro.
13
Observaba o rito cotián dos holocaustos e as prescricións de Moisés referentes ós sábados, principios de mes e ás tres solemnidades anuais: a festa dos Azimos, a das Semanas e a das Tendas.
14
Seguindo as prescricións do seu pai David, asignou ás clases sacerdotais os seus servizos; ós levitas, as súas funcións de cantar e oficiar na presenza dos sacerdotes, segundo o rito de cada día; e ós porteiros encargounos por grupos de cada unha das portas. Así o dispuxera David, o home de Deus.
15
Non se desviaron do que o rei lles mandara ós sacerdotes e ós levitas en cousa ningunha, nin sequera no referente ós almacéns.
16
Así levou a cabo toda a obra desde o día en que puxo os cimentos do templo do Señor ata a súa terminación.
17
Salomón dirixiuse entón a Esion—Guéber e Elat, na costa de Edom. Por medio dos seus ministros,
18
Hiram envioulle unha flota e mariñeiros expertos. Foron a Ofir cos escravos de Salomón e trouxeron de alí ó rei Salomón uns dezaseis mil quilos de ouro.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36