bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 5
2 Chronicles 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 6 →
1
Así foi concluída toda a obra que fixo Salomón para o templo do Señor. Salomón fixo traer todo o consagrado por seu pai David: a prata, o ouro e todos os obxectos, e púxoos nos tesouros do templo de Deus.
2
Entón congregou Salomón en Xerusalén a todos os anciáns de Israel e ós principais das casas paternas dos fillos de Israel, para facer subir a arca da alianza de Iavé desde a cidade de David, que é Sión.
3
Reuníronse onda o rei todos os homes de Israel, na festa do mes sétimo.
4
Cando chegaron todos os anciáns de Israel, os levitas alzaron a arca;
5
levaron a arca e a Tenda do Encontro e todos os útiles do santuario que había na tenda. Fixérono os sacerdotes levitas.
6
O rei Salomón, con toda a comunidade de Israel que se reunira ó arredor del, sacrificaron ante el ovellas e bois en número tan grande que non se puideron contar.
7
Os sacerdotes levaron a arca da alianza do Señor ó seu lugar no santuario do templo, ó Santo dos Santos, baixo as ás dos querubíns.
8
Pois os querubíns estendían as ás por riba do emprazamento da arca, cubrindo a arca e os varais por riba.
9
Os varais eran tan longos que se vían as puntas desde o Santo, desde a parte anterior do santuario, pero non se vían desde fóra; e alí están ata o día de hoxe.
10
Na arca non había cousa máis cás dúas táboas que Deus fixo pór nela no Horeb, cando Iavé concluíu a alianza cos israelitas trala súa saída de Exipto.
11
Cando os sacerdotes saíron do santuario (porque todos os sacerdotes que estaban presentes se santificaron, sen gardar orde de clases),
12
e todos os levitas cantores, Asaf, Hemán e Iedutún, con seus fillos e irmáns, vestidos de liño fino, estaban de pé ó oriente do altar, tocando címbalos, salterios e cítaras, e con eles cento vinte sacerdotes que tocaban as trompetas,
13
e os cantores loando e celebrando a Iavé; erguendo a voz coas trompetas e cos címbalos e con outros instrumentos de música loaban a Deus dicindo: —"porque é bo, porque é eterno o seu amor"; o templo encheuse dunha nube.
14
E os sacerdotes non puideron continuar no servizo por causa da nube, porque a gloria de Iavé enchía o templo.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36