bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 33
2 Chronicles 33
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 34 →
1
Menaxés tiña doce anos cando subiu ó trono, e reinou en Xerusalén cincuenta e cinco anos.
2
Fixo o que o Señor reproba, imitando os costumes abominables das nacións que o Señor expulsara ante os israelitas.
3
Reconstruíu as ermidas dos outeiros derruídas por seu pai Ezequías, levantou altares ós baales, erixiu estelas, adorou e deu culto a todo o exército do ceo;
4
puxo altares no templo do Señor, do que o Señor dixera: —"O meu nome estará en Xerusalén por sempre";
5
edificou altares a todo o exército do ceo nos dous adros do templo,
6
queimou os seus fillos no val de Ben—Hinnom: practicou a adiviñación, a maxia e a feiticería, e instituíu nigromantes e adiviños. Facía continuamente o que o Señor reproba, alporizándoo.
7
A imaxe do ídolo que fabricara colocouna no templo de Deus, do que Deus dixera a David e ó seu fillo Salomón: —"Neste templo e en Xerusalén, que elixín entre todas as tribos de Israel, poñerei o meu nome por sempre;
8
xa non deixarei que Israel ande lonxe da terra que asignei a vosos pais, a condición de que poñan por obra canto lles mandei, seguindo a Lei, os preceptos e normas de Moisés".
9
Pero Menaxés descamiñou a Xudá e a poboación de Xerusalén para que se portase peor cás nacións que o Señor exterminara ante os israelitas.
10
O Señor dirixiu a súa palabra a Menaxés e ó seu pobo, pero non lle fixeron caso.
11
Entón fixo vir contra eles os xenerais do rei de Asiria, que apresaron a Menaxés con garfos, atárono con cadeas de bronce e conducírono a Babilonia.
12
Na súa angustia procurou aplacar ó Señor seu Deus, e humillouse profundamente ante o Deus de seus pais e suplicoulle.
13
O Señor atendeuno con benignidade, escoitou a súa súplica e fíxoo volver a Xerusalén, ó seu reino. Menaxés recoñeceu que o Señor é o verdadeiro Deus.
14
Máis tarde construíu unha barbacá na Cidade de David, desde o oeste de Guihón, no torrente, ata a Porta do Peixe, rodeando o Ofel. Fíxoa moi alta. Puxo oficiais en todas as fortalezas de Xudá.
15
Suprimiu do templo os deuses estranxeiros e o ídolo, e guindou fóra da cidade todos os altares que construíra no monte do templo e en Xerusalén.
16
Restaurou o altar do Señor e inmolou sobre el sacrificios de comuñón e de acción de grazas. E ordenou que os xudeus desen culto ó Señor, Deus de Israel.
17
Pero o pobo seguiu sacrificando nas ermidas dos outeiros, aínda que só ó Señor, seu Deus.
18
Para máis datos sobre Menaxés, a oración que fixo e os oráculos dos videntes que lle falaban no nome do Señor, Deus de Israel, véxase a historia dos Reis de Israel.
19
A súa oración e a acollida divina, o seu pecado e a súa rebeldía, os lugares onde levantou ermidas e erixiu estelas e ídolos antes da súa conversión, están rexistrados na historia dos seus videntes.
20
Cando morreu Menaxés, enterrárono na súa casa. O seu fillo Amón sucedeuno no trono.
21
Amón tiña vinte e dous anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén dous anos.
22
Fixo o que o Señor reproba, igual ca seu pai, Menaxés. Amón sacrificou e deu culto a todos os ídolos que fixo seu pai, Menaxés.
23
Pero non se humillou ante o Señor como fixera seu pai; ó contrario, multiplicou as súas culpas.
24
Os seus cortesáns conspiraron contra el e asasinárono no palacio.
25
Pero a poboación matou os conspiradores contra o rei Amón e nomearon rei sucesor a Ioxías, fillo de Amón.
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 34 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36