bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 29
2 Chronicles 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 30 →
1
Cando Ezequías subiu ó trono tiña vinte e cinco anos e reinou en Xerusalén vinte e nove anos. Súa nai chamábase Abía, filla de Zacarías.
2
Fixo o que o Señor aproba, igual có seu antepasado David.
3
O ano primeiro do seu reinado, o mes de marzo, abriu e restaurou as portas do templo.
4
Fixo vir os sacerdotes e levitas, reuniunos na Praza de Oriente
5
e díxolles: —"Escoitádeme, levitas: purificádevos e purificade o templo do Señor, Deus de vosos pais. Sacade do santuario a impureza,
6
porque nosos pais pecaron, fixeron o que reproba o Señor noso Deus, abandonárono e despreocupáronse por completo da morada do Señor.
7
Por se fose pouco, pecharon as portas da nave, apagaron as lámpadas e deixaron de queimar incenso e de ofrecer holocaustos no santuario do Deus de Israel.
8
Entón o Señor indignouse con Xudá e Xerusalén, e fíxoos obxecto de estupor, de espanto e de burla, como puidestes ver cos vosos propios ollos.
9
Nosos pais morreron a espada e nosos fillos, fillas e mulleres marcharon ó desterro por este motivo.
10
Agora teño o propósito de selar unha alianza co Señor, Deus de Israel, para que cese na súa ira contra nós.
11
Por tanto, meus fillos, non sexades neglixentes, que o Señor vos elixiu para estardes na súa presenza, servilo, ser os seus ministros e queimar incenso".
12
Entón os levitas: Máhat, fillo de Amasai, e Ioel, fillo de Azarías, descendentes de Quehat, Quix fillo de Abdí, e Azarías fillo de Iehalelel, descendentes de Merarí; Ioah, fillo de Zimah, e Edén fillo de Ioah, descendentes de Guerxom;
13
Ximrí e Ieiel, descendentes de Elisafán; Zacarías e Matanías, descendentes de Asaf;
14
Iehiel e Ximí, descendentes de Hemán; Semaías e Uziel, descendentes de Iedutún,
15
reuniron a seus irmáns, purificáronse e foron purificar o templo, como dispuxera o rei por orde do Señor.
16
Os sacerdotes penetraron no interior do templo para purificalo; sacaron para o adro todas as cousas impuras que encontraron no templo, e os levitas colléronas e chimpáronas fóra, ó torrente Cedrón.
17
A tarefa de purificación comezou o día un do mes primeiro; o oito chegaron á nave do templo, e durante outros oito días purificaron o templo, acabando o dezaseis do mesmo mes.
18
Presentáronse logo ó rei Ezequías e dixéronlle: —"Xa purificamos todo o templo: o altar dos holocaustos, con todos os seus utensilios e a mesa dos pans presentados, con todos os seus utensilios.
19
Tamén reparamos e purificamos todos os obxectos que o rei Ahaz profanou coa súa rebeldía durante o seu reinado. Deixámolos diante do altar do Señor".
20
Moi de mañá, o rei Ezequías reuniu as autoridades da cidade e subiu ó templo.
21
Levaron sete touros, sete carneiros, sete años e sete machos cabrúns coma sacrificio expiatorio pola monarquía, polo santuario e por Xudá. Logo ordenou ós sacerdotes aharonitas que os ofrecesen sobre o altar do Señor.
22
Sacrificaron os touros, e os sacerdotes recolleron o sangue e derramárono sobre o altar; sacrificaron os años e derramaron o sangue sobre o altar.
23
Logo levaron os machos cabrúns da expiación diante do rei e da comunidade para que lles impuxesen as mans.
24
Os sacerdotes degoláronos e derramaron o sangue sobre o altar para obter o perdón de todo Israel, xa que o rei ordenara que o holocausto e o sacrificio de expiación fosen por todo Israel.
25
O rei instalara os levitas no templo, con pratiños, arpas e cítolas, coma o dispuxera David, Gad o vidente do rei, e o profeta Natán. A orde era de Deus, por medio dos seus profetas.
26
Así, pois, achábanse presentes os levitas cos instrumentos de David e os sacerdotes coas trompetas.
27
Ezequías deu orde de ofrecer o holocausto, ante o altar, e no mesmo instante en que empezou o holocausto, comezou o canto do Señor e o son das trompetas, acompañados dos instrumentos de David, rei de Israel.
28
Ata que acabou o holocausto toda a comunidade permaneceu prostrada, mentres continuaban os cantos e resoaban as trompetas.
29
Cando acabou, o rei e o seu séquito prostráronse en adoración.
30
Logo Ezequías e as autoridades pediron ós levitas que loasen ó Señor con cancións de David e do vidente Asaf. Fixérono con ton festivo e adoraron ó Señor facendo reverencia.
31
Logo Ezequías tomou a palabra e dixo: —"Agora quedades consagrados ó Señor. Achegádevos e ofrecede sacrificios de acción de grazas polo templo". A comunidade ofreceu sacrificios de acción de grazas e as persoas xenerosas holocaustos.
32
O número de vítimas que ofreceu a comunidade foi de setenta touros, cen carneiros e douscentos años, todos en holocausto ó Señor.
33
As ofrendas sagradas foron seiscentos touros e tres mil ovellas.
34
Como os sacerdotes eran poucos e non daban feito para degolar tantas vítimas, axudáronos seus irmáns os levitas, ata que terminaron a tarefa e se purificaron os sacerdotes (porque os levitas se mostraron máis dispostos a purificarse cós sacerdotes).
35
Houbo moitos holocaustos, ademais da graxa dos sacrificios de comuñón e das libacións dos holocaustos. Así restableceuse o culto do templo.
36
Ezequías e o pobo alegráronse de que Deus movese ó pobo, porque todo sucedeu nun abrir e pechar os ollos.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36