bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 2
2 Chronicles 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 3 →
1
Salomón sinalou setenta mil homes para transportar cargas, oitenta mil canteiros no monte e tres mil seiscentos capataces para eles.
2
Salomón mandou a dicir a Hiram, rei de Tiro: —"Fai comigo como fixeches co meu pai David, enviándolle madeiras de cedro para que construíse un palacio en que habitar.
3
Fágoche saber que vou edificar un templo ó Nome de Iavé, o meu Deus, para consagralo, para queimar ante el incenso aromático, para a ofrenda perpetua dos pans presentados, e para os holocaustos matutinos e vespertinos dos sábados, lúas novas e solemnidades do Señor, o noso Deus, como se fai sempre en Israel.
4
O templo que vou edificar será grande, porque o noso Deus é maior ca todos os deuses.
5
Pero quen será home a construírlle un templo, cando os ceos e os ceos dos ceos non o poden conter? E quen son eu para edificarlle un templo aínda que estea destinado tan só a queimar incenso na súa presenza?
6
Manda, logo, un home destro en traballar o ouro, a prata, o bronce, o ferro, a púrpura escarlata, o carmesí, a púrpura violeta e que saiba gravar; estará cos expertos que teño comigo en Xerusalén e en Xudá, e que meu pai David xa preparara.
7
Manda tamén madeira de cedro, de ciprés e sándalo de Líbano; pois ben sei que os teus servos saben tallar as árbores do Líbano. E os meus servos traballarán cos teus servos
8
para prepararme madeira en abundancia, pois o templo que vou edificar ha ser grande e marabilloso.
9
Darei para o sustento dos teus servos, os cortadores das árbores, vinte mil cargas de trigo, vinte mil cargas de cebada, vinte mil medidas de viño e vinte mil medidas de aceite".
10
Hiram, rei de Tiro, respondeu nunha carta que enviou ó rei Salomón: —"Polo amor que ten Iavé ó seu pobo fíxoche rei sobre eles"
11
E engadía Hiram: —"Bendito sexa Iavé, o Deus de Israel, facedor do ceo e terra, que deu ó rei David un fillo sabio, prudente e intelixente, que edificará un templo ó Señor, e un palacio real para si.
12
Mándoche, pois, agora a Hiramabí, home hábil, dotado de intelixencia;
13
é fillo dunha danita e seu pai é de Tiro. Sabe traballar o ouro, a prata, o bronce, o ferro, a pedra e a madeira, a púrpura escarlata, a púrpura violeta, o liño fino e o carmesí. Sabe tamén executar calquera obra que lle sexa proposta, traballará a unha cos teus artífices e os artífices do meu señor David, teu pai.
14
Manda, pois, ós teus servos o trigo, a cebada, o aceite e o viño do que falou o meu señor,
15
e polo nosa banda cortaremos do Líbano toda a madeira que che cumpra e levarémoscha en balsas, por mar, deica Iope, e logo ti mandarás que a suban a Xerusalén".
16
Salomón fixo o censo de todos os forasteiros residentes en Israel, tomando por modelo o censo que fixera seu pai David. E atopouse que eran cento cincuenta e tres mil seiscentos.
17
Deles destinou setenta mil para o transporte de cargas, oitenta mil para as canteiras nas montañas e tres mil seiscentos como capataces para facer traballar á xente.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
Recommended Reading
Commentary
2 Chronicles Commentaries
→
Devotional
2 Chronicles Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→