bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 25
2 Chronicles 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 26 →
1
Amasías tiña vinte e cinco anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén vinte e nove anos. Súa nai chamábase Iehoadán e era natural de Xerusalén.
2
Fixo o que o Señor aproba, aínda que non de todo corazón.
3
Cando se afianzou no poder, matou ós ministros que asasinaran a seu pai.
4
Pero non matou a seus fillos, conforme o libro da Lei de Moisés promulgada polo Señor: —"Non serán executados os pais polas culpas dos fillos, nin os fillos polas culpas dos pais; cada un morrerá polo seu propio pecado".
5
Amasías reuniu ós de Xudá e puxo a todos os xudeus e benxaminitas, por familias, ás ordes de xefes e oficiais. Fixo o censo dos maiores de vinte anos; resultaron trescentos mil en idade militar e equipados de espada e escudo.
6
Recrutou en Israel cen mil mercenarios por cen pesos de prata.
7
Pero un profeta presentouse ante el e díxolle: —"Maxestade, non leves contigo o destacamento de Israel, que o Señor non está cos efraimitas.
8
Se te apoias neles, Deus derrotarate fronte ós teus inimigos. Porque Deus pode dar a vitoria e a derrota".
9
Amasías preguntou ó profeta: —"E que pasa cos cen pesos de prata que dei ó destacamento de Israel?" O profeta contestoulle: —"O Señor pódechos devolver multiplicados".
10
Amasías licenciou a tropa procedente de Efraím para que volvese á súa terra. Eles indignáronse con Xudá e volvéronse para os seus lugares, enfurecidos.
11
Amasías armouse de valor, tomou o mando da tropa, marchou ó Val do Sal e matou a dez mil seiritas.
12
A outros dez mil colleunos vivos, levounos ó cume da rocha e chimpounos desde ela. Morreron todos desfeitos.
13
Mentres, o destacamento que licenciara Amasías para que non loitase ó seu lado, dispersouse polas cidades de Xudá —desde Samaría ata Bethorón—, matando a tres mil persoas e capturando un gran botín.
14
Cando Amasías volveu de derrotar ós idumeos, trouxo consigo os deuses dos seiritas, adoptounos coma deuses propios, adorounos e queimoulles incenso.
15
O Señor indignouse con Amasías e mandoulle un profeta que lle dixo: —"Por que serves a uns deuses que non puideron salvar o seu pobo da túa man?"
16
Amasías cortouno en seco, dicíndolle: —"Quen te fixo conselleiro do rei? Cala dunha vez, se non queres que te maten". O profeta terminou con estas palabras: —"Polo que fixeches e por non escoitares o meu consello, estou certo de que Deus aconsella a túa destrución".
17
Despois de se aconsellar, Amasías de Xudá mandou unha embaixada a Ioax, fillo de Ioacaz, de Iehú, rei de Israel, con esta mensaxe: —Sae, que nos vexamos as caras!
18
Pero Ioax de Israel mandou esta resposta a Amasías de Xudá: —"O cardo do Líbano mandou dicir ó cedro do Líbano: Dáme a túa filla por esposa de meu fillo. Pero pasaron as feras e esmagaron o cardo.
19
Ti dis: Derrotei a Edom, e enchícheste de fachenda. Goza da túa gloria ficando na casa. Por que te queres meter nunha guerra catastrófica provocando a túa caída e a de Xudá?"
20
Pero Amasías non fixo caso, porque Deus quería entregalo nas mans de Ioax por servir os deuses de Edom.
21
Entón Ioax de Israel subiu ó encontro de Amasías de Xudá en Bet—Xémex de Xudá.
22
Israel derrotou ós xudeus, que fuxiron á desbandada.
23
En Bet—Xémex apreixou Ioax de Israel a Amasías de Xudá, fillo de Ioax de Ioacaz, e levouno a Xerusalén. Na muralla de Xerusalén abriu unha brecha de douscentos metros, desde a Porta de Efraím ata a porta do Ángulo.
24
Apoderouse do ouro, prata, os utensilios que se achaban no templo ó coidado de Obededom, os tesouros de palacio e os reféns, e volveu a Samaría.
25
Amasías de Xudá, fillo de Ioax, sobreviviu quince anos a Ioax de Israel, fillo de Ioacaz.
26
Para máis datos sobre Amasías, desde o principio ata a fin do seu reinado, véxase o libro dos Reis de Xudá e Israel.
27
Cando Amasías se apartou do Señor, tramaron contra el unha conspiración en Xerusalén; fuxiu a Láquix, pero perseguírono ata Láquix e matárono alí.
28
Cargárono sobre uns cabalos e enterrárono cos seus antepasados na capital de Xudá.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36