bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 21
2 Chronicles 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 22 →
1
Morreu Ioxafat e enterrárono cos seus antepasados na Cidade de David. Seu fillo Ioram sucedeulle no trono.
2
Tiña varios irmáns por parte do pai: Azarías, Iehiel, Zacarías, Azarías, Miguel e Safatías, todos eles fillos de Ioxafat de Xudá.
3
Seu pai legoulles gran cantidade de prata, ouro e obxectos de valor, ademais de fortalezas en Xudá; pero o trono deixoullo a Ioram por ser o primoxénito.
4
Cando se afianzou no trono de seu pai, asasinou a todos os seus irmáns e tamén a algúns xefes de Israel.
5
Tiña trinta e dous anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén oito anos.
6
Imitou a conduta do rei de Israel, e as accións da casa de Ahab, porque casou cunha filla deste. Fixo o que o Señor reproba.
7
Pero o Señor non quixo destruír a casa de David, a causa do pacto que fixera con David, e porque prometera manter sempre acesa a súa lámpada e a de seus fillos.
8
No seu tempo, Edom independizouse de Xudá e nomeou un rei.
9
Ioram foi cos seus xenerais e todos os seus carros, levantouse de noite, e aínda que desbaratou o exército idumeo, que o envolvera a el e ós oficiais do escuadrón de carros,
10
Edom independizouse de Xudá ata hoxe; tamén Libnah conseguiu daquela a independencia. Isto ocorreu por abandonar ó Señor, Deus de seus pais.
11
Levantou ermidas nos outeiros das cidades de Xudá, induciu á idolatría ós habitantes de Xerusalén e descarreirou a Xudá.
12
O profeta Elías mandoulle dicir por escrito: —"Así di o Señor, Deus de teu pai David: por non imitares a conduta de teu pai, Ioxafat, e a de Asá, rei de Xudá,
13
senón a conduta dos reis de Israel; por fomentares a idolatría en Xudá e entre os habitantes de Xerusalén, copiando as prácticas idolátricas da casa de Ahab, e por asasinares ós teus irmáns, da casa de teu pai, que valían todos máis ca ti,
14
o Señor ferirá ó teu pobo, a teus fillos, as túas mulleres e as túas posesións cunha praga terrible.
15
E ti mesmo padecerás unha enfermidade grave, un cancro que che consumirá as entrañas día tras día".
16
O Señor atizou contra Ioram a hostilidade dos filisteos e dos árabes que habitaban onda os cuxitas.
17
Subiron a Xudá, invadírona e levaron consigo todas as riquezas que encontraron no palacio así como as mulleres e fillos. Só lle quedou o máis novo, Ioacaz.
18
Despois disto, o Señor feriulle as entrañas cunha doenza incurable.
19
Pasaron os días e ó cabo de dous anos a enfermidade consumiulle as entrañas; morreu entre atroces dores. O seu pobo non lle acendeu unha larada, como fixera cos seus predecesores.
20
Tiña trinta e dous anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén oito anos. Desapareceu sen que ninguén o chorase. Enterrárono na Cidade de David, pero fóra do panteón real.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36