bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 24
2 Chronicles 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 25 →
1
Ioax tiña sete anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén corenta anos. Súa nai chamábase Sibías e era natural de Beerxeba.
2
Mentres viviu o sacerdote Iehoiadá, fixo o que o Señor aproba.
3
Iehoiadá procuroulle dúas mulleres e xerou fillos e fillas.
4
Máis tarde, Ioax sentiu desexos de restaurar o templo.
5
Reuniu os sacerdotes e os levitas, e díxolles: —"Ide polas cidades de Xudá recollendo diñeiro de todo Israel para reparardes todos os anos o templo do voso Deus. Dádevos présa". Pero os levitas tomárono con calma.
6
Entón o rei chamou ó sumo sacerdote Iehoiadá e díxolle: —"Por que non te preocupaches de que os levitas cobren en Xudá e Xerusalén o tributo imposto por Moisés, servo do Señor, e pola comunidade de Israel para a tenda da alianza?
7
Non te dás conta de que a malvada Atalía e os seus secuaces estragaron o templo e dedicaron ós baales todos os obxectos sagrados do mesmo?".
8
Entón, por orde do rei, fixeron unha hucha e colocárona na porta do templo por fóra.
9
Logo pregoaron por Xudá e Xerusalén que había que ofrecer ó Señor o tributo que Moisés, servo de Deus, impuxera a Israel no deserto.
10
As autoridades e a poboación fixérono de boa gana e botaron diñeiro ata que se encheu a hucha.
11
Cada vez que os levitas levaban a hucha á inspección real e vían que había moito diñeiro, presentábanse un secretario do rei e un inspector do sumo sacerdote, libraban a hucha e volvían colocala no seu sitio. Así o fixeron periodicamente, reunindo unha gran suma de diñeiro.
12
O rei e Iehoiadá entregábano ós capataces da obra do templo, e estes pagaban os canteiros e carpinteiros que restauraban o templo e os ferreiros e broncistas que o reparaban.
13
Os obreiros fixeron a súa tarefa; baixo as súas mans foi rexurdindo a estrutura, ata que levantaron solidamente o templo segundo os planos.
14
O terminaren, devolveron ó rei e a Iehoiadá o diñeiro sobrante, co que fixeron obxectos para o templo, utensilios para o culto e para os holocaustos, copas e obxectos de ouro e prata. Mentres viviu Iehoiadá ofreceron holocaustos regulares no templo.
15
Este chegou a vello e morreu en idade avanzada, ós cento trinta anos.
16
Enterrárono cos reis na Cidade de David, porque foi bo con Israel, con Deus e co seu templo.
17
Cando morreu Iehoiadá, as autoridades de Xudá foron render homenaxe ó rei, e este seguiu os seus consellos;
18
esquecendo o templo do Señor, Deus de seus pais, deron culto ás estelas e ós ídolos. Este pecado desencadeou a cólera de Deus contra Xudá e Xerusalén.
19
Mandoulles profetas para convertelos, pero non fixeron caso das súas amoestacións.
20
Entón o Espírito de Deus apoderouse de Azarías, fillo do sacerdote Iehoiadá, que se presentou ante o pobo e lle dixo: —"Así fala Deus: Por que quebrantades os preceptos do Señor? Ides á ruína. Abandonastes o Señor e El abandónavos".
21
Pero conspiraron contra el e lapidárono no adro do templo por orde do rei.
22
O rei Ioax, sen ter en conta os beneficios recibidos de Iehoiadá, matoulle o fillo, que morreu dicindo: —"Que o Señor xulgue e sentencie!"
23
O cabo dun ano, un exército de Siria dirixiuse contra Ioax, penetrou en Xudá ata Xerusalén, matou a todos os xefes do pobo e enviou todo o botín ó rei de Damasco.
24
O exército de Siria era reducido, pero o Señor entregoulle un exército enorme porque o pobo abandonara ó Señor, Deus de seus pais. Vingáronse así de Ioax.
25
O retirárense os sirios, deixándoo gravemente ferido, os seus cortesáns conspiraron contra el para vingar o fillo do sacerdote Iehoiadá. Asasinárono na cama e morreu. Enterrárono na Cidade de David, pero non lle deron sepultura no panteón real.
26
Os conspiradores foron: Zabah, fillo de Ximat, a amonita, e Iehozabad, fillo de Ximrit, a moabita.
27
Para o referente a seus fillos, ás numerosas profecías contra el e á restauración do templo, véxase o comentario dos Anais dos Reis. O seu fillo Amasías sucedeulle no trono.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36