bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 26
2 Chronicles 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 27 →
1
Entón Xudá en pleno tomou a Ozías, de dezaseis anos, e nomeárono rei, sucesor de seu pai Amasías.
2
Despois que morreu o rei, reconstruíu Elat, devolvéndoa a Xudá.
3
Ozías tiña dezaseis anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén cincuenta e dous anos. Súa nai chamábase Iecolías, natural de Xerusalén.
4
Fixo o que o Señor aproba, igual ca seu pai Amasías.
5
Serviu ó Señor mentres viviu Zacarías, que o educara no temor de Deus; mentres serviu ó Señor, Deus fíxoo triunfar.
6
Saíu a loitar contra os filisteos, derrubou as murallas de Gat e Iábneh e Axdod, e construíu cidades en Axdod e no territorio filisteo.
7
Deus axudouno na guerra contra os filisteos, contra os árabes que habitaban en Gur—Baal e contra os meunitas.
8
Os amonitas pagaron tributo a Ozías, e chegou a ser tan poderoso que a súa fama se estendeu ata a fronteira de Exipto.
9
En Xerusalén Ozías construíu e fortificou torres na Porta do Ángulo, na Porta do Val e na Esquina.
10
Tamén levantou torres no deserto e cavou moitos pozos para o abundante gando, que posuía na chaira e na meseta; tamén tiña labradores e viñateiros nos montes e nas veigas, porque a Ozías gustáballe o campo.
11
Dispuxo dun exército en pé de guerra agrupado en escuadrón segundo o censo efectuado polo secretario Ieiel e o comisario Maseías por orde de Ananías, funcionario real.
12
O número das cabezas de familia ó mando de soldados era dous mil seiscentos.
13
Tiñan ás súas ordes un exército de trescentos sete mil cincocentos guerreiros valentes, que loitaban contra os inimigos do rei.
14
Ozías equipou a toda a tropa con adargas, lanzas, helmos, coirazas, arcos e tirapedras.
15
Fixo uns artefactos, inventados por un enxeñeiro, que lanzaban frechas e pedrolos; colocounos nas torres e nos ángulos de Xerusalén. Coa axuda prodixiosa de Deus, fíxose forte e a súa fama chegou ata moi lonxe.
16
Pero ó facerse poderoso, a soberbia arrastrouno á perdición. Rebelouse contra o Señor, seu Deus, entrando no templo para queimar incenso no altar dos perfumes.
17
O sacerdote Azarías e oitenta valentes sacerdotes foron tras el,
18
plantáronse ante o rei Ozías e dixéronlle: —"Ozías, a ti non che corresponde queimar incenso ó Señor. Só poden facelo os sacerdotes aharonitas, consagrados para iso. Sae do santuario, que o teu pecado non te honra perante o Señor".
19
Ozías, que tiña o incensario na man, indignouse cos sacerdotes, e no mesmo momento, no templo, diante dos sacerdotes, onda o altar dos perfumes, a lepra brotou na súa fronte.
20
Botárono de alí, mentres el mesmo se apresuraba a saír, ferido polo Señor.
21
O rei Ozías seguiu leproso ata o día da súa morte. Viviu na leprosería, con prohibición de acudir ó templo. Seu fillo Iotam encargouse da corte e de xulgar a poboación.
22
Para máis datos sobre Ozías, desde o principio ata a fin do seu reinado, véxase o libro do profeta Isaías, fillo de Amós.
23
Cando morreu enterrárono cos seus antepasados no campo do cemiterio real, considerando que era un leproso. O seu fillo Iotam sucedeulle no trono.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36