bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 34
2 Chronicles 34
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 35 →
1
Cando Ioxías subiu ó trono tiña oito anos e reinou en Xerusalén trinta e un.
2
Fixo o que o Señor aproba. Imitou a conduta do seu antepasado David, sen se desviar á dereita nin esquerda.
3
No ano oitavo do seu reinado, cando aínda era un rapaz, comezou a servir o Deus do seu antepasado David, e o ano doce empezou a purificar a Xudá e a Xerusalén de ermidas, estelas, estatuas e ídolos.
4
Destruíron na súa presenza os altares dos baales e derrubou os cipos que había sobre eles; as estelas, as estatuas e os ídolos triturounos ata reducilos a po, e espallounos sobre as tumbas dos que lles ofreceran sacrificios.
5
Queimou sobre os seus altares os ósos dos sacerdotes. Así purificou a Xudá e Xerusalén.
6
Nas cidades de Menaxés, Efraím, Simeón e ata a de Naftalí, en todos os seus lugares, destruíu os altares,
7
triturou ata facer po as estelas e as estatuas e derrubou os cipos en todo o territorio de Israel. Logo volveu a Xerusalén.
8
O ano dezaoito do seu reinado, cando terminou de purificar o país e o templo, mandou a Xafán, fillo de Asalías, ó alcalde Maseías e ó chanceler Ioah, fillo de Ioahaz, a reparar o templo do Señor, o seu Deus.
9
Presentáronse ó sumo sacerdote Hilquías, para recoller o diñeiro ingresado no templo polas colleitas dos porteiros levitas en Menaxés, Efraím, o resto de Israel e en Xudá, Benxamín e na poboación de Xerusalén.
10
Entregáronllelo ós encargados das obras do templo, e ós mestres de obras que traballaban no templo para reparar e restaurar o edificio,
11
e ós carpinteiros e albaneis para comprar perpiaños para os muros e madeira para as vigas dos edificios que os reis de Xudá deixaran arruinar.
12
Aqueles homes realizaron aquel traballo con toda honradez. Estaban designados para dirixir as obras os levitas Iáhat e Abdías, descendentes de Merarí; e Zacarías e Mexulam, descendentes de Quehat. Os levitas, como sabían tocar diversos instrumentos,
13
Acompañaban ós carrexadores e dirixían a todos os obreiros, calquera que fose a súa tarefa. Outros levitas eran secretarios, inspectores e porteiros.
14
Cando estaban sacando o diñeiro ingresado no templo, o sacerdote Hilquías encontrou o libro da Lei do Señor escrito por Moisés.
15
Entón Hilquías dixo ó cronista Xafán: —"Encontrei no templo o libro da Lei".
16
E entregoullo a Xafán. Este levoullo ó rei cando foi dar conta da súa tarefa. —"Os teus servos xa fixeron todo o que lles encargaches.
17
Recolleron o diñeiro que había no templo e entregáronllelo ós encargados e ós obreiros".
18
E comunicoulle a noticia: —"O sacerdote Hilquías deume un libro". Xafán leuno ante o rei,
19
e cando este oíu o contido da Lei, rachou os vestidos
20
e ordenou a Hilquías, a Ahicam, fillo de Xafán, a Abdón, fillo de Miqueas, ó cronista Xafán e ó funcionario real Asaías:
21
—"Ide consultar o Señor por min, polo resto de Israel, e por Xudá, por causa do libro encontrado. O Señor estará enfurecido connosco porque nosos pais non obedeceron a palabra do Señor cumprindo o prescrito neste libro".
22
Hilquías e os designados polo rei foron ver a profetisa Huldah, esposa do gardarroupas Xalum, fillo de Tocat, de Haserah, que vivía en Xerusalén, no barrio novo. Expuxéronlle o caso
23
e ela respondeulles: —"Así di o Señor, Deus de Israel: dicídelle a quen vos enviou:
24
Así di o Señor: eu vou traer a desgraza sobre este lugar e os seus habitantes, todas as maldicións escritas no libro que leron ante o rei de Xudá.
25
Porque me abandonaron e queimaron incenso a outros deuses, alporizándome cos seus ídolos, está ardendo a miña cólera contra este lugar e non se apagará.
26
E ó rei de Xudá, que vos enviou a consultar o Señor, dicídelle: Así di o Señor, Deus de Israel:
27
Por escoitares estas palabras con dor de corazón, humillándote ante Deus ó oíres as súas ameazas contra este lugar e os seus habitantes, porque te humillaches ante min, rachaches os vestidos e choraches na miña presenza, tamén eu te escoito, oráculo do Señor.
28
Cando eu te reúna con teus pais, enterrarante en paz, sen que os teus ollos cheguen a ver a desgraza que vou traer a este lugar e ós seus habitantes". Eles levaron a resposta ó rei,
29
e este deu ordes para que se presentasen os anciáns de Xudá e de Xerusalén.
30
Logo subiu ó templo, acompañado de todos os xudeus, os habitantes de Xerusalén, os sacerdotes, os levitas e todo o pobo, pequenos e grandes. O rei leulles o libro da alianza encontrado no templo.
31
Despois, en pé sobre o seu estrado, selou ante o Señor a alianza, comprometéndose a seguilo e cumprir os seus preceptos, normas e mandatos con todo o seu corazón e con toda a súa alma, pondo en práctica as cláusulas da alianza escritas neste libro.
32
Fixo subscribir a alianza a todos os que se encontraban en Xerusalén. A poboación de Xerusalén actuou segundo a alianza do Deus de seus pais.
33
Ioxías suprimiu as abominacións de todos os territorios israelitas e fixo que todos os residentes en Israel desen culto ó Señor, seu Deus. Durante a súa vida non se apartaron do Señor Deus de seus pais.
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 35 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36