bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 30
2 Chronicles 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 31 →
1
Ezequías mandou mensaxeiros por todo Israel e Xudá, e escribiu cartas a Efraím e Menaxés para que acudisen ó templo de Xerusalén, coa fin de celebrar a Pascua do Señor, Deus de Israel.
2
O rei, as autoridades e toda a comunidade de Xerusalén decidiron en consello celebrar a Pascua durante o mes de maio,
3
xa que non puideran facelo ó seu debido tempo porque quedaban moitos sacerdotes sen purificarse e o pobo non se reunira aínda en Xerusalén.
4
O rei e a toda a comunidade pareceulles acertada a decisión.
5
Entón acordaron pregoar por todo Israel, desde Beerxeba ata Dan, que viñesen a Xerusalén celebrar a Pascua do Señor, Deus de Israel, porque moitos non a celebraban como está mandado.
6
Os mensaxeiros percorreron todo Israel e Xudá levando as cartas do rei e das autoridades e pregoando por orde do rei: —"Israelitas, volvede ó Señor, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel, e o Señor volverá a estar con todos os superviventes do poder dos reis asirios.
7
Non sexades coma vosos pais e irmáns, que se rebelaron contra o Señor, Deus de seus pais, e este converteunos en obxecto de espanto, coma vós mesmos podedes ver.
8
Non sexades testáns coma os vosos pais. Entregádevos ó Señor, acudide ó santuario que foi consagrado para sempre. Servide ó Señor, voso Deus, e El apartará de vós o ardor da súa cólera.
9
Se vos convertedes ó Señor, os que deportaron a vosos irmáns e fillos sentirán compaixón deles e deixaranos volver a este país. Porque o Señor, voso Deus, é clemente e misericordioso, e non vos volverá as costas se volvedes a El".
10
Os mensaxeiros percorreron de cidade en cidade a terra de Efraím e Menaxés ata Zebulón, pero ríanse e burlábanse deles.
11
Só algúns de Axer, Menaxés e Zebulón se mostraron humildes e acudiron a Xerusalén.
12
Os xudeus, por graza de Deus, cumpriron unánimes o que o Señor dispuxera por orde do rei e das autoridades.
13
O mes de maio reuniuse en Xerusalén unha gran multitude para celebrar a festa dos Pans Azimos; foi unha asemblea numerosísima.
14
Suprimiron todos os altares que había por Xerusalén e eliminaron todas as aras de incensar, guindándoas ó torrente Cedrón.
15
O catorce de maio inmolaron a Pascua. Os sacerdotes levíticos confesaron os seus pecados, purificáronse e levaron holocaustos ó templo.
16
Cada un ocupou o posto que lle correspondía segundo a Lei de Moisés, home de Deus; os sacerdotes derramaban o sangue que lles pasaban os levitas.
17
Como moitos da comunidade non se purificaran, os levitas encargáronse de inmolar os años pascuais de todos os que non estaban puros para consagralos ó Señor.
18
Gran número de persoas, na súa maioría de Efraím, Menaxés, Isacar e Zebulón, non observaron o prescrito e comeron a Pascua sen se purificaren. Pero Ezequías intercedeu por eles dicindo: —"O Señor, que é bo, perdoe a todos os que serven de corazón a Iavé,
19
Deus de seus pais, aínda que non teñan a pureza ritual".
20
O Señor escoitou a Ezequías e curou ó pobo.
21
Os israelitas que se encontraban en Xerusalén celebraron a festa dos Azimos durante sete días con gran xúbilo. Os sacerdotes e levitas loaban ó Señor día tras día con todo entusiasmo.
22
Ezequías felicitou ós levitas polas súas boas disposicións co Señor. Pasaron os sete días de festa ofrecendo sacrificios de comuñón e confesando ó Señor, Deus de seus pais.
23
Logo a comunidade decidiu prolongar a festa outros sete días. E puideron facelo, con gran xúbilo,
24
porque Ezequías, rei de Xudá, proporcionoulles mil touros e sete mil ovellas, e as autoridades, outros mil touros e dez mil ovellas. Ademais purificáronse moitos sacerdotes.
25
A alegría reinaba entre a comunidade de Xudá, entre os sacerdotes, os levitas, os que viñeran de Israel, os estranxeiros procedentes de Israel e os residentes en Xudá.
26
Unha festa tan magnífica non se acordaba en Xerusalén desde os días de Salomón, fillo de David, rei de Israel.
27
Os sacerdotes levíticos levantáronse para bendicir ó pobo. O Señor escoitou a súa voz e a pregaria chegou ata a súa santa morada dos ceos.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36