bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 31
2 Chronicles 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 32 →
1
Rematada a festa, todos os israelitas presentes percorreron as cidades de Xudá destruíndo os cipos, tallando as estelas e derrubando as ermidas e os altares de todo Xudá, Benxamín, Efraím e Menaxés ata que non quedou ningún. Logo cada un volveu á súa casa e cidade.
2
Ezequías organizou por clases ós sacerdotes e levitas, asignando a cada un a súa función sacerdotal ou levítica: ofrecer holocaustos e sacrificios de comuñón, dar grazas e loar e servir á entrada dos campamentos do Señor.
3
Destinou parte dos bens da coroa a toda clase de holocaustos: matutinos e vespertinos, dos sábados, principios de mes e festividades, como manda a Lei do Señor.
4
Os habitantes de Xerusalén ordenoulles axudar economicamente ós sacerdotes e levitas para que se puidesen dedicar á Lei do Señor.
5
Cando se espallou a orde, os israelitas recolleron as primicias do trigo, do mosto, do aceite, do mel e de todos os produtos agrícolas e entregaron abundantes décimos de todo.
6
Tamén os israelitas e xudeus que habitaban nas cidades de Xudá entregaron o décimo do gando maior e menor e o décimo das cousas sacrosantas dedicadas ó Señor, dispoñéndoos en montóns.
7
Comezaron a facer os montóns en maio e terminaron en outubro.
8
Cando chegaron Ezequías e as autoridades, ó veren os montóns, bendiciron ó Señor e ó seu pobo, Israel.
9
Ezequías pediu ós sacerdotes e levitas que o informasen sobre eles.
10
O sumo sacerdote Azarías, da familia de Sadoc, díxolles: —"Desde que comezaron a traer ofrendas ó templo, comemos a fartar, pero sobrou moito, porque o Señor bendiciu ó seu pobo. Toda esta cantidade é o que sobrou".
11
Ezequías deu orde de preparar uns silos no templo. Cando o fixeron,
12
levaron fielmente as ofrendas, o décimo e os dons sacrosantos. Encargaron deles ó levita Conanías e a seu irmán Ximí coma axudante. Por orde do rei Ezequías e de Azarías, prefecto do templo, nomearon inspectores a
13
Iehiel, Azaías, Náhat, Asahel, Ierimot, Iozabad, Eliel, Ismaquías, Máhat e Benaías, ás ordes de Conanías e de seu irmán Ximí.
14
O levita Coré, fillo de Imnah, porteiro da Porta de Oriente, estaba encargado das ofrendas voluntarias e de administrar as ofrendas do Señor e os dons sacrosantos.
15
As súas ordes estaban Edén, Miniamín, Xesús, Semaías, Amarías e Xecanías, repartidos polas cidades sacerdotais para aprovisionaren permanentemente a seus irmáns segundo ás súas clases, fosen grandes ou pequenos,
16
con tal de que estivesen inscritos entre os varóns a partir dos tres anos; é dicir, provían a todos os que entraban diariamente ó servizo do templo para realizar as funcións asignadas ás súas clases.
17
Os sacerdotes estaban rexistrados por familias; e os levitas —a partir dos vinte anos— polas súas funcións e clases.
18
Debíanse rexistrar con toda a súa familia, mulleres, fillos e fillas, todo o grupo, porque habían de ser fieis á súa consagración.
19
Respecto ós sacerdotes aharonitas que vivían nos arrabaldes das cidades, en todas elas había persoas encargadas nominalmente de prover ós sacerdotes varóns e a todos os levitas inscritos no rexistro.
20
Ezequías impuxo esta norma en todo Xudá. Actuou con bondade, rectitude e fidelidade de acordo co Señor, seu Deus.
21
Todo o que emprendeu ó servizo do templo, da Lei e dos preceptos, fíxoo servindo ó seu Deus de todo corazón. Por iso tivo éxito.
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36