bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 13
2 Chronicles 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 14 →
1
Abías subiu ó trono de Xudá o ano dezaoito do reinado de Ieroboam.
2
Reinou tres anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Micaías, e era filla de Uriel, o de Guibah. Houbo guerra entre Abías e Ieroboam.
3
Abías emprendeu a guerra cun exército de catrocentos mil soldados aguerridos. Ieroboam fíxolle fronte con oitocentos mil soldados aguerridos.
4
Abías situouse no cume do monte Semaraim, na serra de Efraím, e berrou: —"Ieroboam, israelitas, escoitádeme:
5
Acaso non sabedes que o Señor, Deus de Israel, con pacto de sal, concedeulle a David e ós seus descendentes o trono de Israel para sempre?
6
A pesar diso, Ieroboam, fillo de Nabat, empregado de Salomón, fillo de David, rebelouse contra o seu señor,
7
rodeándose de xente desocupada e sen escrúpulos, que se impuxeron a Roboam, fillo de Salomón, aproveitándose de que non podía dominalos por ser novo e débil de carácter.
8
Agora propóndesvos facer fronte ó reino do Señor, administrado polos descendentes de David. Vós sodes moi numerosos, tedes convosco os ídolos que vos fixo Ieroboam, os becerros de ouro;
9
expulsastes os aharonitas, sacerdotes do Señor, e os levitas; fixéstesvos sacerdotes, coma os pobos pagáns: a calquera que traia un becerro e sete carneiros ordenádelo sacerdote dos falsos deuses.
10
En canto a nós, o Señor é o noso Deus e non o abandonamos; os sacerdotes que serven ó Señor son os aharonitas, e os encargados do culto os levitas;
11
ofrecen ó Señor holocaustos matutinos e vespertinos e perfumes recendentes, presentan os pans sobre a mesa pura e acenden todas as tardes o candelabro de ouro e as súas lámpadas, porque nós observamos as prescricións do Señor, o noso Deus, a quen vós abandonastes.
12
Sabede que Deus está connosco na vangarda. Os seus sacerdotes darán coas trompetas o toque de guerra contra vós. Israelitas, non loitedes contra o Señor, Deus de vosos pais, porque non poderedes vencer".
13
Mentres tanto, Ieroboam dispuxo un destacamento para pillalos de costas. O groso do exército quedou diante dos de Xudá e o destacamento ás súas costas.
14
Os xudeus, ó volvérense, observaron que os atacaban por diante e polas costas. Entón clamaron ó Señor, os sacerdotes tocaron as trompetas,
15
A tropa lanzou o berro de guerra, e naquel momento Deus derrotou a Ieroboam e ós israelitas ante Abías e Xudá.
16
Os israelitas fuxiron ante os xudeus e o Señor entregounos nas súas mans.
17
Abías e a súa tropa inflixíronlles unha gran derrota, caendo mortos cincocentos mil soldados de Israel.
18
Naquela ocasión os israelitas quedaron humillados, mentres os de Xudá se fixeron fortes por apoiárense no Señor, Deus de seus pais.
19
Abías perseguiu a Ieroboam e arrebatoulle algunhas cidades: Betel e o seu distrito, Iexanah e o seu distrito, Efrón e seu distrito.
20
Ieroboam non conseguiu recuperarse nos tempos de Abías; o Señor feriuno e morreu.
21
Abías, polo contrario, fíxose cada vez máis forte. Tivo catorce mulleres e xerou vinte e dous fillos e dezaseis fillas.
22
As restantes fazañas de Abías, a súa conduta e as súas empresas, áchanse escritas no comentario do profeta Idó.
23
Cando morreu enterrárono na cidade de David, e sucedeulle no trono o seu fillo Asá. No tempo deste o país gozou de paz durante dez anos.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36