bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 9
2 Chronicles 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 10 →
1
A raíña de Sabá oíu a fama de Salomón e foi desafialo con enigmas. Chegou a Xerusalén cunha grande caravana de camelos cargados de perfumes e ouro en grande cantidade e pedras preciosas. Entrou no palacio de Salomón e propúxolle todo o que pensaba.
2
Salomón resolveu todas as súas consultas; non houbo unha cuestión tan escura que Salomón non lla puidese resolver.
3
Cando a raíña de Sabá viu a sabedoría de Salomón, a casa que construíra,
4
os manxares da súa mesa, toda a corte sentada á mesa, os camareiros cos seus uniformes, servindo, os copeiros cos seus uniformes, os holocaustos que ofrecía no templo do Señor, quedou abraiada
5
e dixo ó rei: —"É verdade o que me contaron no meu país de ti e da túa sabedoría.
6
Eu non quería crelo, pero agora que vin e o vexo cos meus propios ollos, resulta que non me dixeran nin a metade. En abundancia de sabedoría superas todo o que eu oíra.
7
Feliz a túa xente, felices os cortesáns que están sempre na túa presenza aprendendo da túa sabedoría.
8
Bendito sexa o Señor, teu Deus, que, polo amor con que quere conservar para sempre a Israel, te elixiu para te colocar no trono coma rei deles pola graza do Señor, teu Deus, para que gobernes con xustiza!".
9
A raíña regalou ó rei catro mil quilos de ouro, gran cantidade de perfumes e pedras preciosas; nunca houbo perfumes coma os que a raíña de Sabá regalou ó rei Salomón.
10
Os vasalos de Hiram e os de Salomón, que transportaban o ouro de Ofir, trouxeron tamén madeira de sándalo e pedras preciosas.
11
Coa madeira de sándalo o rei fixo tarimas para o templo do Señor e o palacio real, e cítaras e arpas para os cantores. Nunca se vira madeira semellante na terra de Xudá.
12
Pola súa parte, o rei Salomón regalou á raíña de Sabá todo o que a ela se lle antollou, superando o que ela mesma levara ó rei. Despois ela e o seu séquito emprenderon a viaxe de volta ó seu país.
13
O ouro que recibía Salomón ó ano eran vinte e tres mil trescentos quilos,
14
sen contar o proveniente de impostos ós comerciantes e ó tránsito de mercancías; e todos os reis de Arabia e os gobernadores do país levaban ouro e prata a Salomón.
15
O rei Salomón fixo douscentos escudos de ouro batido, gastando seis quilos e medio en cada un,
16
e trescentas adargas de ouro batido, gastando medio quilo de ouro en cada unha; púxoas no salón chamado Bosque do Líbano.
17
Fixo un gran trono de marfil, recuberto de ouro puro;
18
tiña seis gradas, un año de ouro no respaldo, brazos a ambos lados do asento,
19
e doce leóns de pé a ambos lados das gradas. Nunca se fixera cousa igual en reino ningún.
20
Toda a vaixela de Salomón era de ouro e todas as alfaias do salón do Bosque do Líbano eran de ouro puro; nada de prata, que en tempos de Salomón non se lle daba importancia,
21
porque o rei tiña unha flota que ía a Tárxix cos servos de Hiram, e cada tres anos volvían as naves de Tárxix, cargadas de ouro, prata, marfil, monos e pavos reais.
22
Na riqueza e sabedoría o rei Salomón superou a todos os reis da terra.
23
Todos os reis do mundo viñan visitalo, para aprender da sabedoría da que Deus o enchera.
24
E cada un traía cadanseu agasallo: vaixelas de prata e ouro, mantos, perfumes e aromas, cabalos e mulos. E así todos os anos.
25
Salomón tiña nas súas cortes catro mil cabalos de tiro, carros e doce mil cabalos de montar. Instalounos nas cidades con cuarteis de carros e en Xerusalén, cerca do palacio.
26
Tiña poder sobre todos os reis, desde o Éufrates ata a rexión filistea e a fronteira de Exipto.
27
Salomón conseguiu que en Xerusalén a prata fose tan corrente coma as pedras, e os cedros, coma os sicómoros de Xefelah.
28
Os cabalos de Salomón proviñan de Exipto e doutros países.
29
Para máis datos sobre Salomón, da punta ó cabo do seu reinado, véxase a Historia do profeta Natán, a profecía de Ahías de Xiloh e as visións do vidente Idó a propósito de Ieroboam, fillo de Nabat.
30
Salomón reinou en Xerusalén sobre todo Israel corenta anos.
31
Cando morreu enterrárono na Cidade de David, seu pai. Seu fillo Roboam sucedeuno no trono.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36