bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 35
2 Chronicles 35
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 34
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 36 →
1
Ioxías celebrou en Xerusalén a Pascua do Señor, inmolándoa o día catorce do primeiro mes.
2
Asignou ós sacerdotes as súas funcións e confirmounos no servizo do templo.
3
E dixo ós levitas consagrados ó Señor, encargados de servir a Israel: —"Deixade a arca santa no templo que construíu Salomón, fillo de David, rei de Israel; non tedes xa que trasladala a ombros. Dedicádevos agora a servir ó Señor, voso Deus, e ó seu pobo Israel.
4
Organizádevos en quendas por familias, como dispuxeron por escrito o rei David e o seu fillo Salomón.
5
Ocupade os vosos postos no santuario, dividindo as vosas familias de forma que cada grupo levítico se encargue dunha familia do pobo.
6
Inmolade a Pascua, purificádevos e preparádellela a vosos irmáns para que poidan cumprir o que mandou o Señor por medio de Moisés".
7
Ioxías proporcionou á xente años e cabritos —trinta mil en total— para sacrificios pascuais de todos os presentes, e tres mil bois, todo iso da facenda real.
8
As autoridades axudaron voluntariamente ó pobo, ós sacerdotes e ós levitas. Hilquías, Zacarías e Iehiel, intendentes do templo, déronlles ós sacerdotes dous mil seiscentos animais pascuais e trescentos bois.
9
Conanías, Semaías, seu irmán Natanael, Haxabías, Iehiel e Iozabad, xefes dos levitas, proporcionaron ós levitas cinco mil animais pascuais e cincocentos bois.
10
Cando estivo preparada a cerimonia, os sacerdotes ocuparon os seus postos e os levitas distribuíronse por clases, como ordenara o rei.
11
Inmolaron a Pascua. Os sacerdotes asperxían o sangue, mentres os levitas espelicaban as vítimas.
12
Separaban a parte que debía ser queimada e entregábana ás diversas familias do pobo, para que elas a ofrecesen ó Señor, como está escrito no libro de Moisés. O mesmo fixeron cos bois.
13
Asaron a Pascua, como está mandado, e coceron os alimentos sagrados en olas, caldeiros e cazolas, repartíndoos logo a todos os fillos do pobo.
14
Despois preparárona para eles mesmos e para os sacerdotes; como os sacerdotes aharonitas estiveron ocupados ata a noite en ofrecer os holocaustos e as graxas, os levitas preparárona para si mesmos e para eles.
15
Os cantores, descendentes de Asaf, estaban nos seus postos, como mandaran David, Asaf, Hemán e Iedutún, vidente do rei. Os porteiros ocuparon cadanseu posto, sen necesidade de abandonar o traballo, porque seus irmáns levitas llelo prepararon todo.
16
Toda a cerimonia se realizou naquel mesmo día: celebrouse a Pascua e inmoláronse holocaustos no altar do Señor, como mandara o rei Ioxías.
17
Os israelitas que se achaban presentes celebraron entón a Pascua e á continuación a festa dos Azimos durante sete días.
18
Desde os tempos do profeta Samuel, ningún rei de Israel celebrara unha Pascua coma a que organizaron Ioxías, os sacerdotes, os levitas, todos os xudeus e israelitas que se encontraban alí e os habitantes de Xerusalén.
19
Celebrouse o ano dezaoito do reinado de Ioxías.
20
Bastante despois de que Ioxías restaurase o templo, o rei de Exipto, Nekó, dirixiuse a Kárkemix, xunto ó Éufrates, para presentar batalla. Ioxías saíu a facerlle fronte.
21
Entón Nekó mandoulle esta mensaxe: —"Non te metas nos meus asuntos, rei de Xudá. Non veño contra ti, senón contra a dinastía que me fai a guerra. Deus díxome que me dea présa. Deixa de opórte a Deus, que está comigo, non sexa que él te destrúa".
22
Pero Ioxías, en vez de deixarlle paso franco, empeñouse en combater, desatendendo o que Deus lle dicía por medio de Nekó, e presentou batalla na chaira de Meguido.
23
Os arqueiros dispararon contra o rei Ioxías, e este dixo ós seus servidores: —"Sacádeme do combate, porque estou gravemente ferido".
24
Os seus servidores sacárono do carro, trasladárono a outro e levárono a Xerusalén onde morreu. Enterrárono na tumba dos seus antepasados. Todo Xudá e Xerusalén gardou loito por Ioxías.
25
Xeremías compuxo unha elexía no seu honor, e todos os cantores e cantoras ségueno recordando nas súas elexías. Fixéronse tradicionais en Israel; poden verse nas Lamentacións.
26
Para máis datos sobre Ioxías, as obras de piedade que fixo de acordo coa Lei do Señor
27
e todos os seus feitos, dos primeiros ós derradeiros, véxase o libro dos Reis de Israel e Xudá.
← Chapter 34
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 36 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36