bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 36
2 Chronicles 36
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
1
A xente tomou a Ioacaz fillo de Ioxías, e nomeouno rei sucesor en Xerusalén.
2
Cando Ioacaz subiu ó trono, tiña vinte e tres anos, e reinou tres meses en Xerusalén.
3
O rei de Exipto destronouno, impuxo no país un tributo de cen pesos de prata e un peso de ouro,
4
e nomeou rei de Xudá e Xerusalén a Eliaquim, irmán de Ioacaz, cambiándolle o nome polo de Ioaquim. A seu irmán Ioacaz levouno Nekó a Exipto.
5
Cando Ioaquim subiu ó trono tiña vinte e cinco anos e reinou en Xerusalén once anos. Fixo o que o Señor, o seu Deus, reproba.
6
Nabucodonosor de Babilonia subiu contra el e conduciuno a Babilonia atado con cadeas de bronce.
7
Tamén levou consigo algúns obxectos do templo e colocounos no seu palacio de Babilonia.
8
Para máis datos sobre Ioaquim, as iniquidades que cometeu e todo o que lle sucedeu, véxase o libro dos Reis de Israel e Xudá. Seu fillo Ioaquín sucedeulle no trono.
9
Cando Ioaquín subiu ó trono tiña oito anos e reinou en Xerusalén tres meses e dez días. Fixo o que o Señor reproba.
10
A principios do ano, o rei Nabucodonosor mandou por el e levárono a Babilonia, xunto cos obxectos de valor do templo. Nomeou rei de Xudá e Xerusalén a seu irmán Sedecías.
11
Cando Sedecías subiu ó trono tiña vinte e un anos e reinou en Xerusalén once anos.
12
Fixo o que o Señor, seu Deus, reproba; non se humillou ante o profeta Xeremías, que lle falaba no nome de Deus.
13
Ademais, rebelouse contra o rei Nabucodonosor, que lle tomara xuramento solemne de fidelidade. Púxose testán e negouse por completo a converterse ó Señor Deus de Israel.
14
Tamén as autoridades de Xudá, os sacerdotes e o pobo obraron inicuamente, imitando as abominacións dos pagáns e profanando o templo que o Señor consagrara en Xerusalén.
15
O Señor, Deus de seus pais, mandáballes continuamente mensaxeiros, porque sentía mágoa do seu pobo e da súa morada;
16
pero eles burlábanse dos mensaxeiros de Deus, ríanse das súas palabras e mofábanse dos profetas, ata que a ira do Señor se acendeu sen remedio contra o seu pobo.
17
Entón enviou contra eles ó rei dos caldeos, que lles matou os fillos no santuario: a todos entregou nas súas mans, sen perdoar mozo, rapaza, ancián ou encanecido.
18
E levou consigo a Babilonia todos os obxectos do templo, grandes e pequenos, os tesouros do templo, os do rei e os dos magnates.
19
Incendiaron o templo, derrubaron a muralla de Xerusalén, prenderon lume a todos os seus palacios e esnaquizaron todos os obxectos de valor.
20
Levou consigo desterrados a Babilonia os superviventes da matanza e foron escravos seus e dos seus descendentes ata o triunfo do reino persa.
21
Cumpriuse así o que anunciou o Señor a Xeremías, e a terra gozou do seu descanso sabático todo o tempo que estivo desolada, ata cumprirse setenta anos.
22
O ano primeiro de Ciro, rei de Persia, o Señor, para cumprir o que anunciara por medio de Xeremías, moveu a Ciro, rei de Persia, a promulgar de palabra e por escrito en todo o seu reino:
23
"Ciro, rei de Persia, decreta: O Señor, Deus do ceo, entregoume todos os reinos da terra e encargoume construír un templo en Xerusalén de Xudá. Todos os dese pobo que viven entre nós poden volver. E que o Señor, seu Deus, estea con eles".
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36