bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Chronicles 20
2 Chronicles 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 21 →
1
Algún tempo despois, os moabitas, os amonitas e algúns maonitas viñeron contra Ioxafat en son de guerra.
2
Informaron a este: —"Unha gran multitude procedente de Edom, no outro lado do Mar Morto, diríxese contra ti; xa se encontran en Hasón—Tamar, a actual En—Guedí".
3
Ioxafat, asustado, decidiu recorrer ó Señor, proclamando un xaxún en todo Xudá.
4
Xudeus de todas as cidades reuníronse para pediren consello ó Señor.
5
Ioxafat colocouse no medio da asemblea de Xudá e Xerusalén, no templo, diante do adro novo,
6
e exclamou: —"Señor, Deus de nosos pais, non es Ti o Deus do ceo, o que goberna os reinos da terra, cheo de forza e de poder, a quen ninguén pode resistir?
7
Non fuches Ti, Deus noso, quen desbotaches os moradores desta terra diante do teu pobo, Israel, e lla entregaches para sempre á liñaxe do teu amigo Abraham?
8
Habitárona e construíron nela un santuario na túa honra, pensando:
9
Cando nos ocorra unha calamidade —espada, inundación, peste ou fame— presentarémonos ante Ti neste templo —porque nel estás presente—, invocarémoste no noso perigo e Ti escoitarasnos e salvarasnos.
10
Can—do Israel viña de Exipto non lle permitiches atravesar o territorio dos amonitas, o dos moabitas e a montaña de Seir en vez de destruílos arredor deles.
11
E agora eles págannolo dispóndose a expulsarnos da propiedade que Ti nos concediches.
12
Ti os has xulgar, noso Deus, que nós nada podemos contra esa tropa que se nos vén encima. Non sabemos que facer se non é cravarmos os ollos en Ti".
13
Todos os xudeus, coas súas mulleres e fillos, incluso os nenos, permanecían de pé ante o Señor.
14
En medio da asemblea, un descendente de Asaf, o levita Iahziel, fillo de Zacarías, fillo de Benaías, fillo de Ieiel, fillo de Matanías, tivo unha inspiración do Señor
15
e dixo: —"Xudeus, habitantes de Xerusalén, e ti, rei Ioxafat, prestade atención. Así di o Señor: non vos asustedes nin acovardedes ante esa inmensa multitude, porque a batalla non é cousa vosa, senón de Deus.
16
Mañá baixaredes contra eles cando vaian subindo a Costa das Flores; sairédeslles ó encontro no cabo do barranco que hai fronte ó deserto de Ieruel.
17
Non teredes necesidade de combater; estade quietos e firmes contemplando como vos salva o Señor. Xudá e Xerusalén, non vos asustedes nin acovardedes. Saíde mañá ó seu encontro, que o Señor estará convosco".
18
Ioxafat prostrouse rostro en terra, e todos os xudeus e os habitantes de Xerusalén caeron ante o Señor para adoralo.
19
Os levitas descendentes de Quehat e os corahitas, erguéronse para loar con grandes voces ó Señor, Deus de Israel.
20
De madrugada puxéronse en marcha cara ó deserto de Tecoa. Cando saían, Ioxafat detívose e dixo: —"Xudeus e habitantes de Xerusalén, escoitádeme: confiade no Señor, voso Deus, e subsistiredes; confiade nos seus profetas, e venceredes".
21
De acordo co pobo, dispuxo que un grupo revestido de ornamentos sagrados marchase na vangarda cantando e loando ó Señor con estas palabras: —"Dade grazas ó Señor, porque é eterna a súa misericordia".
22
Logo que comezaron os cantos de xúbilo e de loanza, o Señor sementou discordias entre os amonitas, os moabitas e os montañeses de Seir que viñan contra Xudá, e matáronse uns ós outros.
23
Os amonitas e moabitas decidiron destruír e aniquilar ós de Seir, e cando acabaron con eles, pelexaron a morte uns cos outros.
24
Chegou Xudá ó outeiro que domina o deserto, dirixiu a súa mirada á multitude e non viron máis ca cadáveres tendidos polo chan; ninguén se salvara.
25
Ioxafat e o seu exército foron pillar o botín. Encontraron moito gando, provisións, vestidos e obxectos de valor. Colleron ata non poderen con máis. O botín foi tan copioso que tardaron tres días en recollelo.
26
O cuarto día reuníronse no Val de Bendición —lugar ó que deron este nome con que se coñece ata hoxe, porque alí bendiciron ó Señor—
27
e todos os xudeus e xerosolimitanos con Ioxafat á fronte, emprenderon a volta a Xerusalén, festexando a vitoria que o Señor lles concedera sobre os seus inimigos.
28
Unha vez en Xerusalén, desfilaron ata o templo ó son de arpas, cítaras e trompetas.
29
Os reinos circundantes foron presa dun pánico sagrado ó saberen que o Señor loitaba contra os inimigos de Israel.
30
O reino de Ioxafat gozou de calma e o seu Deus concedeulle paz cos seus veciños.
31
Ioxafat reinou en Xudá. Tiña trinta e cinco anos cando subiu ó trono e reinou en Xerusalén vinte e cinco anos. Súa nai chamábase Azubah e era filla de Xilhí.
32
Imitou a conduta de seu pai, Asá, sen desviarse dela, facendo o que o Señor aproba.
33
Pero non desapareceron as ermidas dos outeiros e o pobo non se mantivo fiel ó Deus de seus pais.
34
Para máis datos sobre Ioxafat, desde o principio ata a fin do seu reinado véxase a Historia de Iehú, fillo de Hananí, inserta no libro dos Reis de Israel.
35
Ioxafat de Xudá aliouse con Ocozías de Israel, aínda que este era un malvado.
36
Fíxoo para construír unha flota con destino a Tárxix; construíron as naves en Esion—Guéber.
37
Pero o marexita Eliézer, fillo de Dodavahu, profetizou contra Ioxafat, dicindo: —"Por te aliares con Ocozías, o Señor destruirá a túa obra". Efectivamente, as naves naufragaron, e non puideron ir a Tárxix.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36