bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 10
Exodus 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 11 →
1
O Señor díxolle a Moisés: —"Vai onda o faraón. Eu endurecino a el e á súa corte, para facer diante deles os meus sinais,
2
e para que así poidas contarlles a teus fillos e a teus netos como tratei eu ós exipcios e os sinais que fixen con eles. Dese xeito saberedes que eu son o Señor".
3
Moisés e Aharón presentáronse ó faraón, para dicirlle: —"Así fala Iavé: Por canto tempo te negarás a abaixarte diante de min? Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.
4
Se non o deixas saír, mañá traerei a lagosta ó teu país.
5
Cubrirá a superficie da terra, de xeito que non se poderá nin ver o chan; comerá o resto salvado do pedrazo; rillará as plantas todas que crecen nos campos.
6
Encherá a túa casa, as dos teus ministros e as de todos os exipcios, cousa que nunca viron teus pais nin teus avós, desde o día en que viñeron á terra ata hoxe". Moisés deu a volta e saíu de onda o faraón.
7
Os ministros dixéronlle ó faraón: —"Ata cando nos seguirá poñendo trapelas este home? Deixa marchar esa xente, e que ofrezan culto ó seu Deus Iavé. Ou non te dás conta aínda de que Exipto se está botando a perder?"
8
Fixeron volver a Moisés e a Aharón onda o faraón, e este díxolles: —"Ide e dade culto a Iavé, o voso Deus. Pero cales son os que irán?"
9
Respondeulle Moisés: —"Iremos nós cos nenos e cos vellos, cos fillos e coas fillas. Levaremos tamén as ovellas e as vacas, pois celebramos a festa de Iavé".
10
Díxolle o faraón: —"Así vaia Iavé convosco, coma eu vos deixarei saír a vós e a vosos fillos! Pero vedes como son cativas as vosas intencións?
11
Non. Ide soamente os homes e dade culto a Iavé, pois iso é o que pedistes". E con iso o faraón botounos da súa presenza.
12
O Señor díxolle a Moisés: —"Estende a túa man sobre Exipto, e que entre a lagosta por todo o país, que coma a herba dos campos e o que quedou do pedrazo".
13
Moisés tendeu a vara sobre Exipto, e o Señor empuxou cara ó país un vento do leste, todo o día e toda a noite. Pola mañá o vento siroco trouxera a lagosta.
14
A lagosta entrou por todo o país e pousouse en toda a terra de Exipto. Tan grande cantidade de lagosta non a houbera antes nin a volvería haber despois.
15
Cubría a superficie da terra, ata escurecela. Comeu a herba dos eidos e os froitos das árbores que quedaran do pedrazo. En todo o Exipto non quedou chisca de verde, nin nas árbores nin nos campos.
16
O faraón fixo chamar a toda présa a Moisés e a Aharón, para dicirlles: —"Pequei contra Iavé, o voso Deus, e tamén contra vós.
17
Agora perdoade o meu pecado, tamén por esta vez, e rogade a Iavé, o voso Deus, para que arrede de min este mortífero castigo".
18
Moisés saíu de onda o faraón e rogou ó Señor.
19
O Señor trocou aquel vento por un vento forte do mar, que levou a lagosta e a guindou no Mar Rubio. Non quedou unha lagosta nos lindeiros de Exipto.
20
Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, e este non deixou saír os israelitas.
21
O Señor díxolle a Moisés: —"Ergue a túa man cara ó ceo, e virán sobre Exipto unhas tebras tan pechas, que se poderán apalpar".
22
Moisés estendeu a súa man cara ó ceo e viñeron tres días de néboa escura sobre Exipto.
23
Nos tres días non se vían uns ós outros nin se podían mover do seu sitio. Pero nas moradas dos israelitas había luz.
24
O faraón mandou chamar a Moisés, para dicirlle: —"Ide e dade culto a Iavé. Podedes levar convosco os vosos fillos; deixade só as ovellas e as vacas".
25
Respondeulle Moisés: —"Permitirasnos levar tamén vítimas para os sacrificios que habemos ofrecer a Iavé, o noso Deus.
26
O gando terá que vir connosco, sen que quede aquí nin unha uña, pois del temos que ofrecer culto a Iavé, o noso Deus. Nós non sabemos aínda o que lle habemos ofrecer; só o saberemos alí".
27
Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, que non quixo deixalos saír.
28
Díxolle a Moisés: —"Arrédateme de aquí, e non te me poñas máis diante. Se un día volves verme, morrerás".
29
Respondeulle Moisés: "Como ti digas. Non che volverei ver a cara".
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40