bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 25
Exodus 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 26 →
1
O Señor faloulle a Moisés:
2
—"Di lles ós israelitas que me presenten unha ofrenda. Aceptarédela de todos aqueles que de corazón ma queiran ofrecer.
3
As cousas que podedes aceptar como ofrenda serán: ouro, prata e bronce,
4
púrpura violácea, escarlata e carmesí, liño e pelo de cabra,
5
peles de carneiro curtidas, peles de teixugo e madeira de acacia,
6
Aceite para as lámpadas, aromas para o óleo de unción e para o incenso,
7
pedras de ónix e pedras de engaste para o efod e para o peitoral.
8
Que me fagan un santuario, onde eu habite no medio deles.
9
Faredes o tabernáculo e os utensilios para o culto conforme o modelo que eu che indicarei.
10
Construirás unha arca de madeira de acacia de dous cóbados e medio de longa, un e medio de ancha e un e medio de alta.
11
Revestirala de ouro puro por dentro e por fóra; por enriba, ó arredor, poraslle unha cinta tamén de ouro.
12
De ouro fundido farás catro argolas e porasllas nos catro cantos, dúas para un flanco e dúas para o outro.
13
Despois farás varais de madeira de acacia, revestiralos de ouro
14
e meteralos polas argolas dos dous lados da arca, para podela transportar.
15
Os varais quedarán metidos nas argolas e non se sacarán delas.
16
Na arca meterás o testemuño que eu che darei.
17
Farás o propiciatorio de ouro puro, de dous cóbados e medio de longo e un e medio de ancho.
18
Despois cicelarás dous querubíns de ouro para os seus dous extremos.
19
Porás un querubín en cada extremo, formando un corpo co propiciatorio.
20
Os querubíns despregarán as ás cara arriba, cubrindo o propiciatorio; mirarán cara ó centro deste, un enfronte do outro.
21
Porás o propiciatorio encima da arca, e nesta depositarás o testemuño que eu che darei.
22
Desde enriba do propiciatorio, entre os dous querubíns que están encima da arca do testemuño, virei ó teu encontro e direiche todo o que teña que mandarche para os israelitas.
23
Farás unha mesa de madeira de acacia, de dous cóbados de longa, un de ancha e un e medio de alta.
24
Revestirala de ouro puro e poraslle ó redor unha cinta de ouro.
25
O redor faraslle un reborde dun palmo, no que porás tamén unha cinta de ouro.
26
Farás catro argolas de ouro e poralas nos catro cantos da mesa, unha por cada pé.
27
As argolas estarán agarradas no reborde. Por elas meteranse os varais para transportar a mesa.
28
Os varais faralos de madeira de acacia, revestidos de ouro. Con eles poderase erguer a mesa.
29
Farás tamén pratos, cuncas, xerras e vasos para as libacións, todo de ouro puro.
30
Encima da mesa porás os pans presentados, que estarán sempre diante de min.
31
Farás un candelabro de ouro puro, traballado a martelo, coa súa base e co seu fuste. Formarán unha peza con el as súas copas, os seus cálices e as súas corolas.
32
Dos seus lados sairán seis brazos, tres dun lado e tres do outro.
33
Cada brazo terá tres copas, coma a flor da améndoa, co seu cáliz e a súa corola. Serán o mesmo os seis brazos que sairán do candelabro.
34
O candelabro terá no fuste catro copas, coma as flores da améndoa, cada unha co seu cáliz e coa súa corola.
35
Debaixo de cada parella de brazos que saen do candelabro, levará un cáliz. Así será cos seis brazos.
36
Os cálices e mais os brazos serán dunha mesma peza, cicelados en ouro puro.
37
Despois farás sete lámpadas e poralas no candelabro, para que alumen cara adiante.
38
As pinzas para avivecelas e os seus cinseiros serán de ouro puro.
39
Cun talento de ouro puro farás o candelabro e todos os seus trebellos.
40
Coida de facelo todo conforme o modelo que che mostrei na montaña.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40