bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 27
Exodus 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 28 →
1
Farás o altar de madeira de acacia, cadrado, de cinco cóbados de longo, cinco de ancho e tres de alto.
2
Nos catro ángulos faraslle saíntes coma cornos, que revestirás de bronce.
3
Para o altar farás, sempre de bronce, caldeiros para a cinsa, paletas, aspersorios, tenaces e braseiros.
4
Dotarás o altar dun enreixado, feito de bronce e en forma de rede. Nos catro cantos levará catro argolas de bronce.
5
Porás o enreixado debaixo do reborde saínte do altar, desde a media altura ata o chan.
6
Farás aínda para o altar varais de madeira de acacia, recubertos de bronce;
7
meterasllos polas argolas dos costados, para podelo transportar.
8
O altar faralo oco e de táboas, conforme o modelo que che mostrei na montaña.
9
Co tabernáculo farás tamén o adro. Polo lado sur poraslle cortinas de liño fino torcido, cunha lonxitude de cen cóbados por lado.
10
As súas vinte columnas estarán asentadas en vinte baseamentos de bronce. Os ganchos e as argolas das columnas serán feitos de prata.
11
Do mesmo xeito, polo norte, o adro levará unha cortina de cen cóbados de longa, vinte columnas asentadas en vinte baseamentos de bronce, con alcaiatas e argolas de prata.
12
O ancho, polo ocaso, o adro levará unha cortina de cincuenta cóbados de longa, e dez columnas con outros tantos baseamentos.
13
O ancho, polo nacente, a cortina terá tamén cincuenta cóbados.
14
A un lado da porta irán quince cóbados de cortina, con tres columnas e os seus baseamentos.
15
Do lado oposto, a mesma cousa.
16
Para a porta do adro farás unha cortina de vinte cóbados, de púrpura violácea, escarlata e carmesí, de liño fino torcido e bordada; levará catro columnas cos seus baseamentos.
17
Todas as columnas ó redor do adro levarán aneis de prata, con ganchos de prata e con baseamentos de bronce.
18
O adro terá cen cóbados de longo, cincuenta de ancho e cinco de alto. Será de liño fino torcido, cos baseamentos de bronce.
19
Todos os utensilios para calquera dos servizos do tabernáculo, as súas estacas e as do adro, serán todos de bronce.
20
Ordénalles ós israelitas que che traian aceite puro de oliva, para manter a lámpada acesa.
21
Aharón e os seus fillos colocarana na Tenda do Encontro, por fóra do veo que tapa o testemuño, para que brille diante do Señor, desde a noite á mañá. Esta é lei perpetua para todas as xeracións de Israel.
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40