bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 23
Exodus 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 24 →
1
Non propagarás rumores mentireiros. Non te xuntarás cun malvado para dar testemuño en favor da inxustiza.
2
Non te deixes ir coa maioría para facer o mal, nin te poñas do lado dela nun xuízo, violando o dereito.
3
Non favorecerás ó poderoso na súa causa.
4
Se atopas o boi ou o asno que perdeu o teu inimigo, levaralos onda el.
5
Se ver o asno do adversario caído baixo a súa carga, non o deixes abandonado; axúdalle a erguelo.
6
Non torzas o dereito no xuízo do pobre.
7
Fuxe da causa mentireira. Non fagas condenar ós inocentes nin ós xustos, pois eu non declaro inocente ó malvado.
8
Non admitas regalos, pois os regalos cegan mesmo ós asisados e torcen o dereito dos xustos.
9
Non oprimas o estranxeiro. Vós coñecedes a súa condición, pois fostes estranxeiros en Exipto.
10
Seis anos sementarás a túa terra e recollerás os seus froitos.
11
Pero o sétimo deixarala en barbeito, para que poidan comer os pobres do teu pobo e pazan do que lles sobre os animais do monte. Farás o mesmo coa túa viña e coas túas oliveiras.
12
Seis días traballarás, e o sétimo descansarás, para que descanse o teu boi e o teu asno, e para que teñan un respiro o teu servo e o forasteiro.
13
Observade todo o que vos digo. Non invoquedes o nome doutros deuses; que nin sequera se sinta nos teus labios.
14
Celebrarás tres festas no ano.
15
Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, conforme che mandei, no tempo fixado do mes de abib, pois nel saístes de Exipto. E non viredes onda min coas mans baldeiras.
16
E a festa da Seitura, dos primeiros froitos dos teus traballos, do que sementaches nos teus eidos. E a festa da Colleita, á fin do ano, cando recolles nos teus eidos o froito do teu traballo.
17
Tres veces no ano comparecerán os varóns todos do pobo diante do Señor.
18
Non me ofrecerás o sangue dos sacrificios con pan lévedo. Non deixarás a graxa da festa ata a mañá.
19
Traerás á casa do Señor o teu Deus as primicias dos froitos da terra. Non cocerás o cabrito no leite da súa nai.
20
Eu vou mandar o meu anxo diante túa, para que te garde na viaxe e te leve ó lugar que che teño disposto.
21
Respéctao e faille caso. Non te rebeles contra el. Non perdoará as vosas rebeldías, pois leva con el o meu nome.
22
Se de verdade o obedeces e fas o que eu che mande, eu serei inimigo dos teus inimigos, adversario dos teus adversarios.
23
O meu anxo irá diante de ti e levarate á terra dos amorreos, dos hititas, dos perizitas, dos cananeos, dos hivitas e dos iebuseos, que eu destruirei.
24
Non te prostrarás diante dos seus deuses nin os adorarás. Non farás o que fan eles, senón que os destruirás e romperás as súas imaxes.
25
Vós serviredes ó Señor o voso Deus, e el bendicirá o voso pan e a vosa auga. Eu afastarei de ti todas as doenzas.
26
Non haberá na túa terra muller estéril nin que aborte. E ateigareite de vida.
27
Eu mandarei o meu terror diante de ti, espantarei os pobos ós que chegues, e todos os teus inimigos viraranse de costas ante ti.
28
Mandarei diante de ti avésporas, que farán fuxir da túa presenza ós hivitas, ós cananeos, ós hititas.
29
Non os botarei todos á vez, para que non quede a terra deserta e que non se multipliquen as feras salvaxes contra ti.
30
Botareinos ós poucos, namentres ti vas crecendo e tomando posesión do país.
31
Fixarei os lindeiros da túa terra desde o mar Rubio ó mar dos filisteos e desde o deserto ata o Éufrates. Porei nas túas mans os habitantes do país, botareinos da túa presenza.
32
Ti non farás con eles nin cos seus deuses ningún pacto.
33
Tampouco non os deixarás quedar na túa terra, para que non te fagan pecar contra min servindo ós seus deuses, que serán para ti unha trapela".
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40