bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 16
Exodus 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 17 →
1
A asemblea dos israelitas saíu de Elim e chegou ó deserto de Sin, entre Elim e o Sinaí, o día quince do mes seguinte á saída de Exipto.
2
Toda a comunidade murmuraba no deserto contra Moisés e Aharón.
3
Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".
4
O Señor díxolle a Moisés: —"Vou facer chover un pan do ceo para vós. O pobo sairá e collerá o que lle cumpra para o día. Quero poñelo á proba, para ver se anda ou non coa miña lei.
5
O día sexto prepararán todo o que collan, que será o dobre do recollido os outros días".
6
Moisés e Aharón dixéronlles ós israelitas: —"Esta noite saberedes que quen vos sacou de Exipto é o Señor.
7
Pola mañá veredes a gloria do Señor, que escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós, para que murmuredes contra nós?"
8
E Moisés díxolles aínda: —"Esta noite daravos o Señor carne que comer e pola mañá pan a fartar, pois escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós? Non murmurastes contra nós, senón contra o Señor".
9
Moisés mandou a Aharón que lle dixese á asemblea dos israelitas: —"Achegádevos ó Señor, que escoitou as vosas murmuracións".
10
Mentres Aharón falaba coa asemblea dos israelitas, volveron os ollos cara ó deserto, e viron a gloria do Señor mostrarse na nube.
11
O Señor díxolle a Moisés:
12
—"Oín as murmuracións dos israelitas. Dilles isto: O anoitecer teredes carne que comer e pola mañá pan a fartar. E saberedes que eu son o Señor, o voso Deus".
13
O serán viñeron paspallás e cubriron o campamento. Pola mañá había nos arredores unha capa de orballo.
14
Cando esvaeceu o orballo, apareceu no deserto unha capa miúda, coma escamas miúdas, que semellaban xeada sobre o chan.
15
Os israelitas, ó que o viron, preguntábanse uns ós outros: —"Que é isto?" Pois non sabían o que era aquilo.
16
Respondeulles Moisés: —"Este é o pan que o Señor vos dá para comer. A orde do Señor é a seguinte: que cada un colla o que ha comer: un ómer por cabeza, conforme o número de persoas; que cada un recolla para todos os que hai na súa tenda".
17
Os israelitas fixérono así. Uns colleron máis e outros menos.
18
Ó medir o maná co ómer, nin ó que collera máis lle sobraba, nin ó que collera menos lle faltaba, porque cada un collera o preciso para comer.
19
Díxolles Moisés: —"Que ninguén garde maná para mañá".
20
Algúns non fixeron caso de Moisés e gardaron para o día seguinte. Pero encheuse de vermes e podreceu. Moisés enfadouse con eles.
21
Cada un collía o que lle cumpría pola mañá, pois cando o sol quentaba, derretía.
22
O día sexto recollían ración dobre, dous ómer por persoa. Os anciáns da asemblea viñéronllo dicir a Moisés.
23
Moisés respondeulles: —"Iso é o que tiña dito o Señor. Mañá é día de lecer, dedicado ó Señor. Cocede hoxe o que teñades que cocer, guisade o que teñades para guisar, e todo o que vos sobre, gardádeo para mañá".
24
Eles gardárono para o día seguinte, conforme dispuxera Moisés, e non podreceu nin colleu vermes.
25
Díxolles Moisés: —"Comédeo hoxe, que é sábado, dedicado ó Señor. Hoxe non o atoparedes fóra.
26
Poderédelo coller seis días na semana; pero o día sétimo, sábado, non o atoparedes".
27
Algúns saíron a recoller no día sétimo, pero non encontraron nada.
28
O Señor díxolle a Moisés: —"Ata cando vos negaredes a gardar os meus preceptos e as miñas leis?
29
Vedes que o Señor vos deu o sábado. Por iso vos manda o pan de dous días no día sexto. Que cada un quede na súa casa e que ninguén saia do seu sitio o día sétimo".
30
E o pobo descansou o día sétimo.
31
Os israelitas chamáronlle maná a aquel pan. Era branco, coma semente de coriandro, e sabía a pan con mel.
32
Díxolles Moisés: —"Isto manda o Señor: enchede un ómer de maná e conservádeo, para que as xeracións vindeiras poidan ver o pan que eu vos dei no deserto para comer, cando vos saquei de Exipto".
33
E Moisés díxolle a Aharón: —"Colle unha tina, mete nela un ómer de maná e pona diante do Señor, como mostra que se garda para as vindeiras xeracións".
34
Aharón, seguindo o mandado do Señor a Moisés, puxo a talla de maná diante do Testemuño.
35
Os israelitas comeron o maná por corenta anos, ata chegaren a terra de cultivo. Mantivéronse con el, ata entraren na fronteira do país de Canaán.
36
O ómer é a décima parte dun efah.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40